![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1945 ![]() Illa de Boa Vista, Cabo Verde ![]() |
Educación | Universidade de Lisboa (1911-2013) - xurisprudencia (1972–1975) ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Mindelo (1979–) ![]() |
Ocupación | escritor, editor, avogado ![]() |
Período de actividade | 1982 ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, ![]() Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Germano Almeida, nado en Boa Vista en 1945, é un escritor caboverdiano.[1]
Naceu na ilha da Boa Vista, en Cabo Verde, nunha zona intermedia entre rural e urbana. Aos sete anos case morreu afogado na praia. En 1965 fixo o servizo militar en Angola, nunha zona de enfrontamento. Recibiu unha bolsa da Gulbenkian para estudar Dereito na Universidade de Lisboa en 1970[2]. Regressando a Cabo Verde en 1977, dedicouse á avogacía na illa de San Vicente. Foi deputado electo polo Movemento para a democracia de Cabo Verde e exerceu o cargo de Procurador Xeral da República de Cabo Verde.
No campo literario foi un dos cofundadores da revista literaria Ponto & Vírgula (1983-1987).[3] Fundou Ilhéu Editora en 1989 e publicou máis de 20 libros[4]. Gañou o Premio Camões en 2018, sendo o segundo escritor Cabo Verdiano en recibir tal mérito.[5]
Recibiu dúas condecoracións de Portugal: en 1997 o grau de Comendador da Ordem do Mérito, e en 2019 o grau de Grande-Oficial da Ordem do Infante D. Henrique.[6]
O seu estilo caracterízase por utilizar maxistralmente o humor e a sátira, ao tempo que denuncia a hipocrisía da sociedade caboverdiana, asfixiada durante os primeiros anos da independencia por un réxime de partido único. Un bo exemplo do seu mordaz humor é a novela O meu Poeta, obra de longo alento onde o autor satiriza con refinados sarcasmos a realidade de Cabo Verde.
Tem obras publicadas no Brasil, Francia, España, Italia, Alemaña, Suecia, Holanda, Noruega, Dinamarca, Cuba, Estados Unidos, Bulgaria, Suíza.[7]
As súas obras en Cabo Verde están editadas en Ilheu.