Ghosts I–IV | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Nine Inch Nails | ||||
Publicado | 2 de marzo de 2008 | |||
Gravación | outubro - decembro do 2007 | |||
Duración | 110:09 | |||
Xénero(s) | ambient industrial, dark ambient | |||
Selo(s) | The Null Corporation | |||
Produtor | Trent Reznor, Atticus Ross, Alan Moulder | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Ghosts I–IV é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 2 de marzo do 2008 coma descarga dixital e posteriormente en CD. O álbum foi o primeiro despois de que a banda anunciase que cortaría os seus vínculos co selo Interscope Records e procuraría editar o seu futuro material independentemente. Inicialmente pensouse como un EP de cinco pistas, pero finalmente lanzouse como 4 EPs de nove pistas cada un.
O álbum lanzouse baixo unha licenza Creative Commons e en varios formatos e prezos, indo da descarga dixital gratuíta dos 9 primeiros temas a unha "edición limitada de luxo" de 300 dólares. O disco apareceu sen ningún tipo de promoción ou publicidade.
Todos os temas compostos por Trent Reznor e Atticus Ross, agás onde se indique.
Nas edicións "Deluxe" e "Ultra-Deluxe" incluironse máis temas, dispoñibles só construíndoas a partir de arquivos multipista proporcionados no DVD.