Goberno Vasco

Lakua, sede central do Goberno Vasco

O Goberno Vasco (en éuscaro: Eusko Jaurlaritza) é o goberno autonómico do País Vasco (España). Está composto polo lehendakari (xefe do Goberno Vasco) que é elixido polo Parlamento Vasco cada catro anos; e polos conselleiros (ou sailburuak) que el mesmo elixe. A súa sede atópase no distrito de Lakua, en Vitoria, sede das administracións comúns do País Vasco.

Composición actual

[editar | editar a fonte]

Dende o ano 2012 o lehendakari é Iñigo Urkullu.

Na súa IX lexislatura, o Goberno Vasco estivo presidido por primeira vez por un lehendakari alleo ao nacionalismo vasco: Patxi López do PSE-EE, grazas a un pacto de investidura co PP. López obtivo ademais o apoio na súa investidura de UPyD e a abstención de EB-B. Nesa lexislatura non houbo representantes do sector social que antes representaba Batasuna, ao ser anuladas xudicialmente ditas listas. Sen devandita intervención xudicial, a contabilización do voto nulo tería imposibilitado a maioría descrita.

Nas tres lexislaturas anteriores á de Patxi López, coa presidencia de Juan José Ibarretxe, o executivo vasco estaba formado polos partidos nacionalistas vascos: Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) e Eusko Alkartasuna (EA). A primeira delas, ademais, co apoio externo de Euskal Herritarrok (EH), e as dúas seguintes coa participación no goberno de Ezker Batua-Berdeak (EB-B).

Lista de lehendakaris

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Lehendakari.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]