God Forbid | |
---|---|
Orixe | East Brunswick, Nova Jersey, Estados Unidos |
Xénero(s) | death metal melódico[1][2] Metalcore[1][2] Thrash metal[1] |
Selo(s) discográfico(s) | Century Media We Put Out Records 9 Volt |
Membros | Byron Davis Dallas Coyle Doc Coyle John Outcalt Corey Pierce |
Na rede | |
http://www.godforbid1.com | |
God Forbid é un grupo de heavy metal estadounidense formado no 1996 en East Brunswick, Nova Jersey.
Nos seus comezos realizaron xiras con grupos coma GWAR, Nile, Cradle of Filth e Candiria. O seu primeiro álbum de estudio, Reject the Sickness, comercializouse por 9 Volt Records no 1999. Posteriormente o grupo firmou con Century Media Records, lanzando o seu disco Determination en 2001. Tocaron no tour Headbanger's Ball da MTV2 con Shadows Fall e Lamb of God.
No 2004 gravaronGone Forever, e ao ano seguinte IV: Constitution of Treason. Este foi o seu primeiro álbum en entrar na lista de éxitos Billboard 200, debutando no posto 118. O seu quinto álbum de estudio, Earthsblood, saíu ao mercado o 24 de febreiro de 2009.
No 2009 comezaron unha xira por Europa chamada There Goes the Neighborhood encabezada por Ill Niño e xunto a Exilia, sendo un dos concertos da xira en Vigo o 13 de marzo.