Goodbye Bafana | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Goodbye Bafana |
Director | Bille August |
Guión | Greg Latter |
Baseado en | Libro de James Gregory |
Intérpretes | Dennis Haysbert Joseph Fiennes Diane Kruger |
Música | Dario Marianelli |
Fotografía | Robert Fraisse |
Montaxe | Hervé Schneid |
Estrea | 11 de febreiro de 2007 |
Duración | 140 minutos |
Orixe | Alemaña Francia Bélxica Italia Suráfrica |
Xénero | Biográfico |
Orzamento | $30 000 000 |
Na rede | |
Goodbye Bafana é un filme dirixido por Bille August que se estreou en 2007. O filme conta a relación entre Nelson Mandela (Dennis Haysbert) e James Gregory (Joseph Fiennes), o seu censor oficial e garda de prisión, baseado no libro de Gregory Goodbye Bafana: Nelson Mandela, My Prisoner, My Friend. A historia tamén explora a relación de James Gregory e a súa muller, así como o seu cambio de vida mentres Mandela está baixo a supervisión de Gregory.
Narra a vida de James Gregory, un surafricano branco, gardián de prisión a cargo de Nelson Mandela, dende o encarceramento deste último nos anos 60 ata a súa liberación en 1990. Durante 25 anos, Gregory ocupouse de Mandela día tras día. Foi o seu carceleiro, o seu censor, pero tamén o seu confidente, dende Robben Island ata Pollsmoor, e finalmente en Victor Verster, onde foi ceibado en 1990.