Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Gorka Santamaría Nos 3 de xullo de 1995 (29 anos) Bilbao, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,76 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Josu Santamaría Ander Santamaria |
Gorka Santamaría Nos, nado en Bilbao o 3 de xullo de 1995, é un futbolista español que xoga de dianteiro no Unionistas de Salamanca, da Primeira Federación. É irmán dos tamén futbolistas Josu e Ander Santamaría, sendo xemelgo deste último.[1]
Ingresou aos 10 anos na canteira do Athletic Club e foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club. Na tempada 2012/13 debutou na Terceira División co Basconia, segundo filial do Athletic, e na seguinte campaña foi o máximo goleador do grupo IV da categoría, con 20 tantos.[2] Para a tempada 2014/15 subiu ao primeiro filial, o Bilbao Athletic, da Segunda División B,[3] onde militou durante dúas tempadas, tendo como adestrador ao "Cuco" Ziganda. Na primeira delas marcou 18 goles, sendo o máximo goleador do equipo xunto a Sabin Merino, e logrou o ascenso á Segunda División.[4] Na tempada 2015/16 marcou 7 goles en 34 partidos da categoría de prata, pero o equipo acabou descendendo. Na tempada 2016/17 saíu cedido ao Cádiz,[5] onde dispuxo só de 481 minutos, nos que marcou dous goles.
En 2017 rematou o seu contrato co Athletic e asinou co Recreativo de Huelva, de Segunda B.[6] Disputou un total de 31 partidos co club andaluz, nos que marcou 5 goles. Para a tempada 2018/19 fichou polo Sporting de Gijón B,[7] co que marcou 10 goles en 35 partidos.[8]
En xullo de 2019, fichou polo Badajoz, club no que militou durante os seguintes tres anos.[9] Durante ese período disputou un total de 92 partidos e marcou 31 goles, contribuíndo a que o equipo se proclamase campión do seu grupo da Segunda B en 2021, aínda que non conseguiu o ascenso a Segunda. Na tempada 2021/22 os seus 15 goles colocárono como o terceiro máximo goleador do Grupo I da Primeira División RFEF, só por detrás de Quiles e Héctor Hernández.
En xuño de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, tamén da Primeira RFEF.[10] Con todo,no club galego non conseguiu achegarse aos seus números na campaña pasada e non conseguiu ningún gol nos 14 partidos que disputou, dos que só saíu como titular en tres. O último día de 2022 o club anunciou o despido do xogador.[11]
O 12 de xaneiro de 2023 fíxose público o seu regreso ao Badajoz.[12] Disputou 19 partidos co club estremeño ata o final da tempada, anotando 4 goles, sen poder salvar o equipo do descenso. En xuño anunciouse a súa fichaxe polo Nàstic de Tarragona.[13] Apenas contou con oportunidades no equipo de Daniel Vidal, disputando 27 encontros, case todos saíndo dende o banco de suplentes, e disputou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda. Marcou un só gol, na final da promoción ante o Málaga.[14]
En xullo de 2024 fichou polo Unionistas de Salamanca, da mesma categoría.[15]