Nome | Granada Atlético Club de Fútbol | ||
---|---|---|---|
Fundación | 2004 | ||
Desaparición | 2009 | ||
Estadio | Nuevo Los Cármenes, Granada, España | ||
Capacidade | 16.200 | ||
|
O Granada Atlético Club de Fútbol foi un club de fútbol español da cidade de Granada, en Andalucía. Fundouse en 2004 e desapareceu en 2009. Competiu en Terceira División entre as tempadas 2005–06 e 2008–09.
O Granada Atlético foi fundado en 1969 como Guadix Club de Fútbol. En 2005, foi trasladado a Granada e foi renomeado como Granada Atlético Club de Fútbol, comezando a competir en Terceira División. Ao mesmo tempo, un club de Íllora foi trasladado a Guadix e foi renomeado como Guadix Club Deportivo, e posteriormente Guadix CF.
A primeiros de agosto de 2010, cando semellaba que o Granada Atlético sería absorbido polo Granada CF para converterse no seu equipo filial,[1] as negociacións rompéronse e o club anunciou a súa disolución.[2]