![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1974 ![]() Szczecin, Polonia ![]() |
![]() ![]() | |
Lexislatura: 9º Sejm polonês (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Ateísmo ![]() |
Educación | University of Szczecin (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Varsovia ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Alianza da Esquerda Democrática Socialdemocracia da República de Polonia ![]() |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grzegorz Napieralski |
Grzegorz Bernard Napieralski, nado en Szczecin o 18 de marzo de 1974, é un político polaco actual portavoz do partido "Alianza da Esquerda Democrática". Foi candidato por dito partido ás eleccións presidenciais do seu país de 2010, quedando de terceiro.
Despois de graduarse na Escola de Mecánica de Szczecin, estudou Ciencias Políticas na Universidade de Szczecin, obtendo o seu máster no ano 2000. Desde 1995 até 1999 foi secretario da agrupación local de Szczecin do partido Socialdemocracia da República de Polonia, que máis tarde deu lugar á Alianza da Esquerda Democrática. En 2004, 2005 e 2007 foi elixido para ocupar un cargo no Sejm. No 2004 converteuse en vice-presidente da Alianza de Esquerda Democrática, e un ano máis tarde no seu secretario xeral. O 31 de maio de 2008 foi elixido presidente do partido, contra Wojciech Olejniczak. Desde o 2009 é tamén o presidente da fracción parlamentaria Lewica.
O 22 de abril de 2010, a Alianza escolleuno para substituír a Jerzy Szmajdziński, quen falecera nun accidente de avión, como candidato das próximas eleccións presidenciais. Napieralski recibiu o 13,68% dos votos e non tomou parte na segunda volta das eleccións, xa que quedou de terceiro.