Guitar Wolf | |
---|---|
![]() A banda ao vivo en Toquio en 1995. | |
Orixe | Nagasaki, Xapón |
Período | 1987 - actualidade |
Xénero(s) | garage punk |
Selo(s) discográfico(s) | Sony JP, Ki/oon, Goner, Matador, Narnack, Okami |
Membros | Seiji (Guitar Wolf) U.G. (Bass Wolf) Toru (Drum Wolf). |
Antigos membros | Billy Narita |
Na rede | |
http://www.guitarwolf.net/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Guitar Wolf é unha banda xaponesa de garage punk fundada en Nagasaki en 1987. O grupo é coñecido polos seus temas con voces penetrantes e un volume excesivo nos seus temas de punk influenciado polo noise que fan énfase na distorsión e no feedback. A banda define o seu estilo coma "jet rock 'n' roll", un enérxico cruzamento entre os Ramones, o rockabilly, o punk rock e o garage rock.
Guitar Wolf leva editados nove álbums de estudio internacionalmente así como un en directo, varios sinxelos, e un recompilatorio titulado Golden Black. Os seus membros tamén apareceron en dúas películas de serie B de terror/ciencia ficción: Wild Zero e Sore Losers. Unha colección dos vídeos máis populares e de actuacións en directo de Guitar Wolf foi recompilada nun DVD titulado Red Idol. En marzo do 2005 o baixista e membro fundador Billy, tamén coñecido coma Bass Wolf, morreu dun ataque ao corazón aos 38 anos. O seu substituto, U.G., converteuse nun membro permanente da banda que na actualidade funciona como un trío formado por Seiji (Guitar Wolf), U.G. (Bass Wolf) e Toru (Drum Wolf).