HC Oceláři Třinec

HC Oceláři Třinec
Fundación1929
Cidade Třinec,
Moravia-Silesia
Eslovaquia Eslovaquia
EstadioWerk Arena
(5.200 espectadores)
LigaExtraliga Checa
Campionatos1
AdestradorJosef Turek
CoresVermello e branco
           
Na rede
http://www.hcocelari.cz/

O HC Oceláři Třinec é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Třinec, República Checa. O club foi fundado en 1929 e actualmente compite na Extraliga Checa, a máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, competición que gañou nunha ocasión (tempada 2010-11). Xoga os seus partidos como local no Werk Arena, un pavillón con capacidade para 5.200 espectadores.

O hóckey sobre xeo chegou a Třinec en 1929-30 con partidos sobre a auga conxeada. O HC Oceláři Třinec fundouse en 1929 baixo o nome de SK Třinec, e posteriormente recibiu os nomes de SK Železárny Třinec, KS Zaolzik, SK Železárny Třinec, TŽ VŘSR Třinec, TŽ Třinec e HC Železárny Třinec ata a adopción do seu nome actual en 1999.

Non foi ata 1976 cando o equipo contou cun pavillón con teito, e tres anos despois, en 1979, o equipo debutaba na segunda división.

En 1995, once anos despois da construción do novo pavillón, o equipo conseguiu o ascenso á primeira división do campionato, onde permaneceu ata a actualidade. Na tempada 1997-98 chegou á final dos play-offs polo título, mais caeu na mesma por 3 a 0 fronte ao HC Petra Vsetín. Finalmente, na tempada 2010-11, o club alzou o seu primeiro título de liga tras derrotar nas series finais por 4 a 1 ao HC Vítkovice Steel, nunha tempada na que xa conseguira rematar na 1ª posición na liga regular.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]