Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Hans Paul Heinrich Franz von Boetticher 30 de agosto de 1886 San Petersburgo, Rusia |
Morte | 20 de xaneiro de 1958 (71 anos) Coburgo (Alemaña) |
Actividade | |
Ocupación | ornitólogo, zoólogo, entomólogo |
Partido político | All-German People's Party (en) |
Familia | |
Pai | Paul* Eduard Alfred Boetticher |
Hans von Boetticher, nado en San Petersburgo (Imperio Ruso) o 30 de agosto de 1886 (era un dos chamados alemáns do Báltico) e finado en Coburgo (Baviera) o 20 de xaneiro de 1958, foi un zoólogo alemán que traballou especialmente na ornitoloxía e na entomoloxía.
Boetticher traballou no Museo de Historia Natural de Coburgo. Varios dos seus traballos tratan sobre a taxonomía de nivel superior dos grupos de aves baseada na morfoloxía, a filoxenia e a bioxeografía.
Algunhas das súas outras obras inclúen as que publicou sobre os pinnípedes, pero a súa especial área de interese incluía patos e gansos, musofáxidos, psitácidos, pombas e aves mariñas. Describiu os xéneros de patos suramericanos Amazonetta e Speculanas. Algúns dos outros taxons de aves que el chamou como Galapagornis xa non son válidos.[1]
Entre outras, escribiu unha serie de libros sobre as familias de aves, como:
A abreviatura Boetticher emprégase para recoñecer a Hans von Boetticher como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.