«Human Nature» | |||||
---|---|---|---|---|---|
Sinxelo de Michael Jackson | |||||
do álbum 'Thriller' | |||||
Lanzamento | 3 de xullo de 1983 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 1982 | ||||
Xénero musical | Soft rock[1] | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 4:06 (versión en álbum) 3:47 (7" remix/versión sinxelo) | ||||
Discográfica | Epic | ||||
Produtor(es) | Quincy Jones | ||||
Escritor(es) | Steve Porcaro John Bettis | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Human Nature" é un sinxelo do artista estadounidense Michael Jackson. Foi escrito e composto por Steve Porcaro e John Bettis, e producido por Quincy Jones. É o quinto sinxelo do álbum Thriller (1982). Nun princiio, Porcaro gravara unha demo da canción nun casete, que lle foi entregado a Jones.
"Human Nature" foi lanzado o 3 de xullo de 1983, e malia non ser lanzada no Reino Unido, tivo un grande éxito nas listas musicais dos Estados Unidos. Acadou o número 2 na Billboard's Hot Adult Contemporary, e o número 7 na Hot 100. En Nova Zelandia, a canción conseguiu o número 11. A balada xerou unha boa acollida por parte dos críticos musicais. "Human Nature" foi versionada por moitos artistas, como Stevie Wonder, Danny Chan, Schlong, John Mayer, Miles Davis, SWV, Nas e Chris Brown.