IK Sävehof

IK Sävehof
Nome do club Idrottsklubb Sävehof
Fundado 20 de agosto de 1950
Pavillón Partillebohallen,
Partille
Capacidade 2.000
Adestrador masculino Mikael Franzén
Henrik Signell (asistente)
Adestrador feminino Magnus "Bagarn" Johansson
Pär Jilsén (asistente)
Liga Elitserien
2010-11 Campión
Equipamentos


Local


Visitante

O IK Sävehof é un equipo de balonmán da cidade de Partille (Suecia). Tanto o seu equipo masculino como o feminino compiten na máxima categoría do balonmán sueco, a Elitserien. Actualmente é un dos principais clubs do país.

A club fundouse en 1950, vivindo durante moito tempo á sombra dos seus veciños e rivais Redbergslids de Gotemburgo, vinte veces campións de Liga. Chegou dúas veces á final da liga (1993 e 1994), mais tivo que esperar ata o 2004 para gañar o seu primeiro título nacional, que revalidaría ao ano seguinte. Por outra banda, o seu equipo feminino proclamouse campión de Liga no 2007.

En Europa, o seu mellor resultado tivo lugar no 2003, cando se proclamou semifinalista da Challenge Cup. O club participou tamén na Liga de Campións, chegando ata os oitavos de final no 2005, onde caeu derrotado fronte ao SG Flensburg-Handewitt alemán na eliminatoria disputada a dobre partido. O seu equipo feminino participou na EHF Women's Champions League nas tempadas 2007-08 e 2010-11.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Masculino

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]