Idles

Idles
OrixeBristol, Inglaterra Inglaterra
Período2009 - presente
Xénero(s)post-punk, punk rock
Selo(s) discográfico(s)Balley
MembrosJoe Talbot
Adam Devonshire
Mark Bowen
Lee Kiernan
Jon Beavis
Na rede
http://www.idlesband.com/
Facebook: idlesband Twitter: idlesband Instagram: idlesband MySpace: idlesband Youtube: UCVm7tYTZONPLVujGX0rAJdw Bandcamp: idlesbandSouncloud: idles Spotify: 75mafsNqNE1WSEVxIKuY5C Musicbrainz: be465d4f-c28d-4ba1-94ab-ebaada7db8af Songkick: 1352869 Discogs: 2890530 Allmusic: mn0003550832 Deezer: 482539 Genius: Idles Editar o valor en Wikidata

Idles é unha banda inglesa de post-punk formada en Bristol en 2009.[1] O grupo está composto por Joe Talbot (voces), Mark Bowen (guitarra), Lee Kiernan (guitarra), Adam Devonshire (baixo) e Jon Beavis (batería).

O seu álbum de estrea, Brutalism,foi publicado no ano 2017 con aclamación da crítica,[2][3] ao igual que o segundo, Joy as an Act of Resistance, aparecido en 2018.[4] O seu terceiro traballo, Ultra Mono, editouse en setembro de 2020, seguido por Crawler en 2021.

Idles ten as súas raíces no club Batcave de Bristol, dirixido polo cantante Joe Talbot e o baixista Adam Devonshire, que se coñeceron mentres estaban na universidade en Exeter e que finalmente decidiron formar unha banda.[5] A súa primeira edición foi o EP Welcome en 2012. En 2014 Idles estaba composto por Talbot, Devonshire, os guitarristas Mark Bowen e Lee Kiernan, e o batería Jon Beavis.[6] A banda publicou un segundo EP, Meat, e un EP de remixes, Meta, no ano 2015 e comezaron a compoñer cancións para o seu álbum de estrea.[5]

Despois dos sinxelos de 2016 "Well Done" e "Divide & Conquer", publicouse o primeiro disco do grupo, Brutalism, aparecido en marzo de 2017 con boa acollida por parte da crítica.[5][7][8] A nai de Talbot morreu despois dunha longa enfermidade mentres a banda traballaba no álbum e aparece nunha fotografía da súa portada xunto cunha escultura feita por Talbot e o seu pai.[6] A banda comezou unha xira para promocionar o disco e tocou abrindo para The Maccabees nos concertos en Londres da súa despedida.[9] Tras eses concertos apareceron en varios festivais europeos e comezaron a traballar no seu segundo álbum.[6][10][11]

Joy as an Act of Resistance foi publicado o 31 de agosto de 2018.[6][12][13] Para acompañar o lanzamento do traballo o grupo creou unha exposición en colaboración coa HM Electric Gallery en Londres, tendo lugar os días 30 e 31 de agosto.[14]

En 2019 a banda foi nomeada ao premio ao mellor artista revelación nos Brit Awards dese ano[15] e posteriormente gañou o Kerrang! Award ao mellor artista revelación británico.[16] Tamén en 2019 Joy as an Act of Resistance entrou na lista curta do Hyundai Mercury Prize. A banda interpretou "Never Fight A Man With A Perm" na cerimonia de entrega do premio o 19 de setembro. En decembro Idles realizou varios concertos polo Reino Unido, incluído unha actuación ante 10 000 persoas no Alexandra Palace de Londres.

O grupo lanzou un novo sinxelo, "Mr. Motivator", en maio de 2020, e posteriormente Joe Talbot anunciou o seu terceiro álbum, Ultra Mono, en xuño, no programa de Steve Lamacq en Radio 6.[17] O álbum tivo a axuda doutros catro sinxelos: "Grounds", "A Hymn", "Model Village" e "War", editaos nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, respectivamente.

O disco foi publicado o 25 de setembro de 2020 a través do selo Partisan Records.[18] Nel aparecen convidados os músicos Jehnny Beth (Savages), Warren Ellis (Dirty Three e Nick Cave and the Bad Seeds), David Yow (Scratch Acid e The Jesus Lizard) e Jamie Cullum.[17]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Brutalism 2017 Balley Records
Joy as an Act of Resistance 2018 Partisan Records
Ultra Mono 2020 Partisan Records
Crawler 2021 Partisan Records
Tangk 2024 Partisan Records

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Idles: Snarling punk that encapsulates the state of the nation | NME". NME Music News, Reviews, Videos, Galleries, Tickets and Blogs | NME.COM (en inglés). 2017-09-29. Consultado o 2020-07-04. 
  2. "Idles – 'Joy As An Act Of Resistance' review". NME Music News, Reviews, Videos, Galleries, Tickets and Blogs | NME.COM (en inglés). 2018-08-30. Consultado o 2020-07-04. 
  3. Empire, Kitty (2018-11-03). "Idles review – shout their name from the rooftops". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-07-04. 
  4. "Album Review: Idles - Joy as an Act of Resistance". DrownedInSound (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2019. Consultado o 2020-07-04. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Clash (ed.). "Brute Force: The Contrary World Of IDLES". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 The Quietus (ed.). "Stendhal Syndrome: Idles Interviewed". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  7. NME (ed.). "New Music Of The Day: IDLES Namecheck Mary Berry On Punk Anthem ‘Well Done’". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  8. Clash (ed.). "Premiere: IDLES - 'Divide And Conquer'". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  9. Get Surrey (ed.). "Everything you need to know about The Maccabees farewell shows at Alexandra Palace". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  10. Les Inrockuptibles (ed.). "Des Idles aux Parcels : une deuxième soirée tout en contrastes aux Eurockéennes". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  11. Birmingham Mail (ed.). "Idles at Download Festival 2017: Punk band take aim at The Sun during riotous set". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  12. "Des Idles aux Parcels : une deuxième soirée tout en contrastes aux Eurockéennes". Les Inrocks (en francés). 2017-07-08. Consultado o 2020-04-20. 
  13. Jones, Craig (2017-06-10). "Idles at Download: Band take aim at The Sun during riotous set". birminghammail. Consultado o 2020-04-20. 
  14. Joy as an Act of Resistance Exhibition (YouTube). 31 de xullo de 2018. 
  15. "IDLES, The 1975, and Dua Lipa amongst stars nominated for 2019 BRIT Awards". NME Music News, Reviews, Videos, Galleries, Tickets and Blogs | NME.COM (en inglés). 2019-01-12. Consultado o 2020-07-04. 
  16. "Kerrang! Awards 2019: Here's The Full List Of Winners". Kerrang!. Consultado o 2020-07-04. 
  17. 17,0 17,1 Skinner, Tom (2020-06-16). "IDLES announce third album ‘Ultra Mono’ and share new track 'Grounds'". NME (en inglés). Consultado o 2023-12-17. 
  18. "IDLES announce third album ‘Ultra Mono’ and share new track 'Grounds'". NME Music News, Reviews, Videos, Galleries, Tickets and Blogs | NME.COM (en inglés). 2020-06-16. Consultado o 2020-07-04.