International School of Law and Business | |
---|---|
![]() | |
Tipo | institución educativa universitaria |
Data de fundación | 1998 |
En | Vilnius |
País | Lituania |
54°42′01″N 25°13′15″L / 54.700143, 25.220769 | |
Na rede | |
http://www.ttvam.lt/ e http://www.islb.eu | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Escola Internacional de Dereito e Economía (en lituano: Tarptautinė teisės ir verslo aukštoji mokykla, TTVAM en inglés: International School of Law and Business, ISLB) é unha institución privada de educación superior en Vilnius, Lituania. Forma parte de entidades colaboradoras do Grupo Compostela de Universidades (GCU) e na XX Asemblea Xeral o premio GCU que outorga a Xunta foi entregado alí.[1]
A facultade abriuse o 1 de setembro de 1998 como Daugvilienė Business High School, polo nome do seu primeiro director, Daiva Daugvilienė.
A súa forma xurídica é uždaroji akcinė bendrovė (UAB, empresas con capital social de máis de 2500 €).
O 24 de agosto de 2001 outorgóuselle o estatuto de universidade. En setembro de 2009, o antigo Colexio de Dereito e Economía de Vilnius (en lituano: Vilniaus teisės ir verslo kolegija, VTVK ) foi renomeado como International School of Law and Economics.
Entre os seus profesores están os viceministros Dalius Bitaitis e Julius Morkūnas, o ministro de Interior Eimutis Misiūnas, o xuíz Aurelijus Gutauskas e a avogada Vesta Kasputė campioa de xadrez de Lituania (WFM). Entre os seus alumnos están Justas Džiugelis (membro do Seimas en 2016) e a cantante Ieva Zasimauskaitė-Kiltinavičienė.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: International School of Law and Business |