![]() (2023) ![]() | |
Nome orixinal | (es) Ione Belarra Urteaga ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de setembro de 1987 ![]() Pamplona, España ![]() |
![]() | |
Representa: Podemos 17 de agosto de 2023 – Lexislatura: 15th Congress of Deputies (en) ![]() Circunscrición electoral: Madrid | |
![]() | |
13 de xuño de 2021 – ← Pablo Iglesias Turrión | |
![]() | |
31 de marzo de 2021 – 20 de novembro de 2023 ← Pablo Iglesias Turrión – Pablo Bustinduy → | |
![]() | |
15 de xaneiro de 2020 – 31 de marzo de 2021 | |
![]() | |
Representa: Unidas Podemos 3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Navarra | |
![]() | |
13 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 Lexislatura: XIII Congreso de España Circunscrición electoral: Navarra | |
![]() | |
11 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Navarra Electa en: eleccións ao Congreso dos Deputados de 2016 | |
![]() | |
4 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Navarra Electa en: eleccións ao Congreso dos Deputados de 2015 ![]() | |
Datos persoais | |
Ideoloxía política | Populismo de esquerda (pt) ![]() ![]() |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid - psicoloxía ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | política, psicóloga ![]() |
Partido político | Sumar (2023–2023) Podemos ![]() |
Membro de | |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ione Belarra Urteaga, nada en Pamplona o 25 de setembro de 1987, é unha política e psicóloga navarra, membro do consello cidadán estatal de Podemos e ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España. Foi deputada por Navarra das lexislaturas XI, XII, XIII e XIV do Congreso dos Deputados e voceira adxunta do grupo confederal Unidos Podemos-EP-EM no Congreso dos Deputados.[1]
É graduada superior en integración social, licenciada en psicoloxía, máster en psicoloxía da educación e segundo ano de doutoramento en educación, desenvolvemento e aprendizaxe. Traballou en Cruz Vermella, na Comisión Española de Axuda ao Refuxiado, no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e na Universidade Autónoma de Madrid.[2]
Naceu e viviu en Pamplona até que comezou os seus estudos en psicoloxía na Universidade Autónoma de Madrid. Dende entón, traballou en investigación en cuestións relacionadas coa educación, as experiencias migratorias e os dereitos humanos. Durante estes anos foi activista en diferentes organizacións como SOS Racismo e en plataformas e campañas polo peche dos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs) así como en diversas mobilizacións a prol dos dereitos humanos das persoas en situación de especial vulnerabilidade.
En novembro de 2014 accedeu ó Consello Cidadán Estatal de Podemos tras votación en primarias.[3] Foi nomeada responsable da área de Dereitos Humanos, Cidadanía e Diversidade.[4]
Ocupou o primeiro posto pola circunscrición electoral de Navarra de Podemos para as eleccións xerais do 20 de decembro de 2015[5] e logrou escano no Congreso dos Deputados sendo nomeada voceira suplente da Deputación Permanente e membro suplente da Delegación española na Asemblea da Unión Interparlamentaria (UIP).[6][7]
Nas eleccións xerais de 2016 volveu encabezar a lista de Podemos por Navarra e obtivo escano na XII lexislatura no Congreso dos Deputados.
O 12 de febreiro de 2017 volveu ser elixida en primarias conselleira cidadá estatal de Podemos.[8] O 18 de febreiro de 2017 foi nomeada voceira adxunta do grupo confederal Unidos Podemos-EP-EM no Congreso dos Deputados e pertence ó grupo de técnicos e expertos que conforman o "ensaio xeral do futuro goberno" ou "goberno na sombra" de Podemos.[9][10]
Tralo inicio do Goberno de coalición entre PSOE e Unidas Podemos, Ione Belarra foi nomeada secretaria de Estado para a Axenda 2030. Tomou posesión do cargo o 22 de xaneiro de 2020.[11] En marzo de 2021, e tralo anuncio da saída de Pablo Iglesias do Goberno de coalición para presentarse ás eleccións á Asemblea de Madrid de 2021, Belarra foi nomeada ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
Publicacións e colaboracións:
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ione Belarra ![]() |