Isamu Noguchi  |
|
Nacemento | 17 de novembro de 1904  Os Ánxeles, Estados Unidos de América  |
---|
Morte | 30 de decembro de 1988 (84 anos) Nova York, Estados Unidos de América  |
---|
Causa da morte | insuficiencia cardíaca  |
---|
Lugar de sepultura | Noguchi Museum (en)  |
---|
Outros nomes | 野口 勇  |
---|
Residencia | Poston War Relocation Center (en) (1942–1942) Nova York París  |
---|
Grupo étnico | Nipo-americano (pt) e multirracial  |
---|
Educación | Universidade Columbia Saint Joseph College, Yokohama (en) Leonardo da Vinci Art School (en)  |
---|
|
Campo de traballo | Escultura  |
---|
Lugar de traballo | Nova York India Xapón Poston War Relocation Center (en) París República Popular da China  |
---|
Ocupación | escultor, pintor, deseñador de mobles, paisaxista, deseñador, arquitecto  |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Arte abstracta  |
---|
Movemento | Expresionismo abstracto  |
---|
Profesores | Gutzon Borglum e Constantin Brâncuși  |
---|
Representante | Pace Gallery (en) e Artists Rights Society  |
---|
|
|
28 de xuño de 1964 | Documenta III  |
|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Yoshiko Yamaguchi (1951–1956), divorcio  |
---|
Pais | Yone Noguchi e Léonie Gilmour  |
---|
Irmáns | Ailes Gilmour  |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih,  |
---|
 |
Isamu Noguchi, nado nos Ánxeles (California) o 17 de novembro de 1904 e finado en Nova York o 30 de decembro de 1988, foi un artista estadounidense-xaponés, creador de imaxes de duradeira elegancia en moi diversos medios. Coñecido sobre todo como escultor e como arquitecto paisaxístico, Noguchi foi ademais deseñador de escenarios e deseñador industrial facendo lámpadas e mobiliario, algúns dos cales son aínda hoxe manufacturados e vendidos.
En 1947, Noguchi comezou a colaborar coa compañía Herman Miller, cando se uniu a George Nelson, Paul László e Charles Eames para producir un catálogo que contén o que a miúdo se considera o conxunto de mobles modernos máis influente que se produciu, incluíndo a emblemática mesa Noguchi que segue en produción na actualidade.[1] O seu traballo vive en todo o mundo e na Fundación Isamu Noguchi e Museo Xardín da cidade de Nova York.
Fillo da escritora estadounidense Leonie Gilmour e do poeta xaponés Yone Noguchi, Isamu Noguchi. Aínda que a parella nunca casou, Yone Noguchi invitou en 1906 a Leonie a Toquio para coñecer o seu fillo e ó ano seguinte nai e fillo mudaríanse ao Xapón onde pasaría o resto da súa infancia, residindo en Chigasaki e Iocoama.
En 1918 foi enviado ós Estados Unidos a estudar, graduándose en La Porte High School, Indiana en 1922. En 1924 Noguchi deixou a Universidade Columbia, para perseguir a que sería a súa gran paixón para o resto da súa vida, a escultura.
Tras viaxar por Europa, India, China e varios outros paíse, comezará a gañar prominencia e éxito profesional como escultor e finalmente como deseñador de obras a grande escala en moitas das maiores cidades do mundo.
Entre as súas obras máis destacadas inclúense as seguintes.
- Unha ponte no Parque da Paz de Hiroshima: Peace Park
- Unha escultura para o First National City Bank Building en Fort Worth, Texas
- Un xardín para a Beinecke Rare Book and Manuscript Library na Universidade Yale en New Haven, Connecticut
- Billy Rose Sculpture Garden, Israel Museum, Xerusalén
- Un xardín para o Chase Manhattan Bank Plaza na cidade de Nova York, Estado de Nova York
- Xardíns para a sede de IBM en Armonk, Nova York
- Kodomo no Kuni, un parque infantil en Toquio, Xapón
- A Fonte Dodge e a praza Philip A. Hart en Detroit, Míchigan (creada en colaboración con Shoji Sadao)
- Un xardín e unha habitación "Shin Banraisha" deseñados na Universidade de Keio en Toquio, un fito na historia da arte e da arquitectura do século XX hoxe desmantelada.
A súa obra escultórica encóntrase esparexida por todo o mundo e no Isamu Noguchi Garden Museum en Long Island, Nova York.
O seu último proxecto foi o deseño de dun parque de 1,6 km² en Sapporo, Xapón. Deseñado en 1988, un pouco antes da súa morte, o parque Moerenuma foi rematado e aberto ó público no 2004.
- Altshuler, Bruce (1995). Isamu Noguchi (Modern Masters). Abbeville Press, Inc. ISBN 1-55859-755-7.
- Ashton, Dore; Hare, Denise Brown (1993). Noguchi East and West. University of California Press. ISBN 0-520-08340-7.
- Noguchi, Isamu et al (1986). Space of Akari and Stone. Chronicle Books. ISBN 0-87701-405-1.
- Torres, Ana Maria; Williams, Tod (2000). Isamu Noguchi: A Study of Space. The Monticelli Press. ISBN 1-58093-054-9.