J'ai tué ma mère | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | J'ai tué ma mère |
Director | Xavier Dolan |
Produtor | Xavier Dolan Carole Mondello Daniel Morin |
Guión | Xavier Dolan |
Intérpretes | Xavier Dolan Anne Dorval Suzanne Clément François Arnaud |
Música | Nicholas Savard-L'Herbier |
Fotografía | Stéphanie Weber Biron Nicolas Canniccioni |
Montaxe | Hélène Girard |
Distribuidora | Rézo Films (Francia) K Films Amerique (Canadá) Kino Lorber (USA) |
Estrea | Festival de Cannes: 18 de maio de 2009![]() |
Duración | 96 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | 450 000 CA$ (estimado) |
Recadación | 32 803 CA$[2] |
Na rede | |
http://www.xavier-dolan.com/films/jai-tue-ma-mere/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
J'ai tué ma mère é un filme canadense de 2009 escrito e dirixido por Xavier Dolan. O filme atraeu a atención da prensa internacional cando gañou tres premios na sección Director's Fortnight no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2009.[3][4] Logo de ser proxectado no festival, o filme recibiu unha grande ovación en pé do público.[5] Estreouse en 12 cinemas no Quebec e en 60 en Francia.[6][7][8]
Hubert é un adolescente de dezaseis anos que vive nun suburbio de Montreal coa súa nai, Chantale, que se divorciou do pai de Hubert, Richard, cando el era aínda un neno. O pai non participa na educación e Hubert explica que a nai casou e concibiuno porque iso é o que se espera en xeral das mulleres. Ao adolescente amólalle todo da súa nai, basicamente vea como unha persoa vulgar, inmatura e de mal gusto.
No colexio reciben a tarefa de entrevistar os pais para logo facer unha estatística sobre cuestións como a profesión dos proxenitores e os ingresos do fogar. Hubert séntese avergoñado e para evitar facer o traballo dille á profesora Julie Cloutier que a súa nai morreu. Máis tarde Cloutier descobre que iso non é certo e expresa esa mentira como "mataches a túa nai".