James Cameron's Avatar: The Game | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Ubisoft Montreal |
Distribuidora(s) | Ubisoft Lightstorm Entertainment 20th Century Fox Games Gameloft (iPhone, Mobile) |
Compositor(es) | Chance Thomas Inon Zur (DS) |
Motor | Dunia (modificado) Havok Jade |
Versión | 1.02 |
Lanzamento | 1 de decembro de 2009 (PS3, Xbox 360, PC, Wii, DS) 8 de decembro de 2009 (PSP) |
Xénero | Tirador en terceira persoa, acción, aventuras |
Modos de xogo | Un xogador e multixogador |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | PlayStation 3 Xbox 360 Microsoft Windows Wii PlayStation Portable Nintendo DS iPhone OS[1] Java ME Symbian^3 |
Formato(s) | Optical Disc, tarxeta de memoria |
Requisitos | Intel CPU- Core 2 Duo E8500 3.16GHz AMD CPU - Athlon 64 X2 Dual Core 5200+ RAM - 2GB Nvidia Graphics Card - Geforce 8600 GTS 512MB ATI Graphics Card - Radeon X800 XT[2] |
Na rede | |
http://avatargame.us.ubi.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
James Cameron's Avatar: The Game é un videoxogo de acción en terceira persoa do 2009, desenvolvido a partir do filme de James Cameron Avatar. O xogo foi creado por Ubisoft Montreal para as plataformas PlayStation 3, Xbox 360, PC, Wii e Nintendo DS o 1 de decembro de 2009, cunha versión para a PSP realizada o 8 de decembro de 2009.[3][4] Ubisoft anunciou que empregarían a mesma tecnoloxía do filme para poder xogar en 3D.[5] Nunha entrevista en Nintendo Power, fíxose público que a versión para Wii emprega o sistema Jade engine de Ubisoft. Para o 19 de maio de 2010, o xogo tiña vendido preto de 2,7 millóns de copias.[6]
Sigourney Weaver, Stephen Lang, Michelle Rodriguez, e Giovanni Ribisi prestan a súa voz e imaxe para representar ós mesmos personaxes do filme.