Jameson é unha destilería de whisky irandés mesturado. Actualmente é destilado na cidade de Cork, aínda que orixinalmente, en 1780, era destilado en Dublín, onde se segue a realizar a mestura. As súas vendas anuais superan os 22 millóns de botellas, facendo de Jameson o whisky irlandés máis vendido do mundo.[1]
A compañía foi fundada polo escocés John Jameson,[2] emparentado coa familia Haig, destiladores de Whisky escocés. O seu fillo emparentouse coa familia Stein, un dos maiores destiladores de Escocia e propietarios da destilería de Bow Street, en Dublín. Os Haig tamén estaban emparentados cos Stein por medio dun matrimonio anterior. John Jameson adquiriu a destilería de Bow Street en 1780, producindo 30.000 gallons anuais. Contra o século XIX xa era o segundo produtor de whisky en Irlanda e un dos maiores produtores do mundo, con 1 000 000 de galóns anuais. Dublín converteuse no epicentro da produción de whisky a nivel mundial. En 1805 converteuse no maior produtor mundial.
A compañía Cork Distillers uniu forzas cos seus rivais John Jameson e John Powers para formar o Irish Distillers Group en 1966. A nova Midleton Distillery, construída por Irish Distillers, produce actualmente a meirande parte do whisky irlandés que se vende en Irlanda. As novas instalacións lindan coas antigas, convertidas na actualidade nunha atracción turística.
A marca Jameson foi adquirida polo grupo francés Pernod Ricard en 1998, cando os franceses mercaron Irish Distillers.
Ademais do Jameson Original, as reservas de Jameson inclúen:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jameson |