Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1934 ![]() Blackpool, Reino Unido ![]() |
Morte | 6 de decembro de 1972 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Lugar de sepultura | Golders Green Crematorium (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema ![]() |
Período de actividade | 1957 ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Ian Hendry (1963–1971) Tony Wright (ator) (1956–1959) ![]() |
Pai | Alex Munro ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Janet Munro, nada co nome Janet Neilson Horsburgh o 28 de setembro de 1934 e finada o 6 de decembro de 1972, foi unha actriz británica,[1] activa entre os anos 50 e os 70.
Janet Munro protagonizou tres filmes de Disney, Darby O'Gill and the Little People (1959), Third Man on the Mountain (1959) e Swiss Family Robinson (1960), así como The Horsemasters (1961), unha serie de televisión semanal da mesma compañía. Participou noutros títulos como The Trollenberg Terror (1958) e The Day the Earth Caught Fire (1961).
Filla do comediante escocés Alex Munroy (Alexander Neilson Horsburgh) e da súa esposa, Phyllis Robertshaw, en Blackpool, Lancashire, en 1934.[2]
Janet estivo casada con Tony Wright de 1956 até 1959. Casou con Ian Hendry en 1963, con quen tivo dous fillos, Sally e Corrie. Divorciáronse en 1971.[2]
Morreu en 1972 dun infarto de miocardio no Hospital Whittington, ao norte de Londres, aos 38 anos.[3]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |