Jaume Collboni Cuadrado, nado en Barcelona o 5 de setembro de 1969,[1] é o actual alcalde de Barcelona dende o 17 de xuño de 2023. É un político español, avogado de profesión e funcionario da Administración local.[2]
No ano 2010 entrou como deputado, pola provincia de Barcelona, no Parlamento de Cataluña e foi nomeado portavoz adxunto no PSC. En novembro de 2011 foi nomeado Secretario de Comunicación e Portavoz do PSC.[3] Posteriormente, en 2014, deixou o seu escano para centrarse nas primarias do PSC para a alcaldía de Barcelona. Tras ese proceso participativo de primarias, no que logrou a vitoria, foi designado candidato á alcaldía de Barcelona polo PSC.
O 17 de xuño de 2023 foi elixido alcalde de Barcelona.
Naceu en Barcelona, en el Baix Guinardó, aínda que tamén viviu nos barrios de La Teixonera, El Gòtic, o el Poblenou e no distrito de l'Eixample. As súas orixes familiares, coma as de moitos cataláns, conflúen coa idea de procedencias diversas. Seus avós e tíos por parte de nai proceden das primeiras migracións de Andalucía a principios do século XX.
Iniciou o seu activismo sindical no movemento asembleario e, ao entrar na Facultade de Dereito da Universidade de Barcelona sumouse á Asociación de Novos Estudantes de Cataluña (AJEC) da que acabou por ser o seu secretario xeral (1992-1995), período no que foi membro claustral da Universidade de Barcelona baixo o mandato do reitor Dr. Bricall.
En 1996, impulsou a creación do Gabinete Técnico de UGT de Cataluña, e formou parte da Dirección Nacional do sindicato dende 1998 ata 2005, desenvolvendo tarefas nos ámbitos da comunicación, a cultura, as relacións internacionais e de cooperación. Durante a mesma época, foi un dos fundadores do Centro de Investigación Económica e Social de Cataluña (CRESC). Do 2001 ao 2005, foi conselleiro en representación sindical do Consello Económico e Social de España.
Jaume Collboni ingresou no Partit dels Socialistes de Catalunya no ano 1994. Máis tarde foi elixido portavoz do distrito de Horta-Guinardó (1995-1999). Entre o ano 2005 e 2010 asumiu a coordinación do Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento de Cataluña.[4] Dende 2008, forma parte da executiva do partido. En decembro de 2011, durante o 12º Congreso do PSC, foi nomeado Secretario de Comunicación e Portavoz do partido. En 2010 foi director da campaña electoral do PSC para as eleccións autonómicas e, dende ese mesmo ano, foi deputado no Parlamento de Cataluña e portavoz adxunto do grupo parlamentario dos socialistas e portavoz da Comisión de Empresa e Emprego. Foi relator na comisión da lei electoral de Cataluña, e á súa vez, na comisión da lei de transparencia e acceso á información pública.
En 2014 presentouse como candidato ás primarias, organizadas polo PSC, para ser elixido candidato á alcaldía de Barcelona. Competía cos seus compañeiros de partido Carmen Andrés, Jordi Martí, Laia Bonet e Rocío Martínez-Sampere. Celebradas na cidade condal o 29 de marzo de 2014, as primarias acabaron cunha primeira volta na que Collboni e Andrés foron os candidatos máis votados e os que pasarían a unha segunda e definitiva rolda. En ambas as roldas, Jaume Collboni foi o candidato máis votado.[5] Desde xuño de 2015 Jaume Collboni exerce a presidencia do PSC Barcelona no concello e a presidencia do Distrito de Horta-Guinardó.
Un ano despois, o 25 de maio de 2016, o PSC Barcelona, liderado por Jaume Collboni, e Barcelona en Comú, liderado por Ada Colau, firmaron un acordo de goberno de esquerdas para a cidade de Barcelona. Así, os socialistas pasaron a formar parte do goberno da cidade e o edil socialista empezou a exercer tamén como Segundo Tenente de Alcalde do Concello de Barcelona dirixindo as áreas de Empresa, Cultura e Innovación. Na Área Metropolitana de Barcelona Jaume Collboni é o vicepresidente de Desenvolvemento Social e Económico.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jaume Collboni |
Predecesor: Miquel Iceta |
Portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Cataluña 2012 |
Sucesor: Maurici Lucena |
Predecesor: Gabriel Colomé |
Presidente do Grupo Socialista no concello de Barcelona 2015-actualidade |
Sucesor: No cargo |