Montero | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco Javier Montero Rubio | ||
Nacemento | 14 de xaneiro de 1999 | ||
Lugar de nacemento | Sevilla | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Arouca | ||
Número | 4 | ||
Carreira xuvenil | |||
Nervión | |||
2014–2018 | Atlético de Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2018–2019 | Atlético de Madrid B | 19 | (0) |
2018–2021 | Atlético de Madrid | 9 | (0) |
2019–2020 | → Deportivo da Coruña | 30 | (0) |
2020–2021 | → Beşiktaş | 13 | (0) |
2021– | Beşiktaş | 20 | (1) |
2023 | → Hamburger | 5 | (0) |
2023– | → Arouca | 17 | (1) |
Selección nacional | |||
2019 | España sub-21 | 1 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 14 de febreiro de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco Javier Montero Rubio, coñecido como Javi Montero, nado en Sevilla o 14 de xaneiro de 1999, é un futbolista español que xoga como defensa no Arouca, da Primeira Liga de Portugal, cedido polo Beşiktaş turco.
Nacido en Sevilla, comezou a xogar ao fútbol na AD Nervión, ingresando aos 15 anos na canteira do Atlético de Madrid.[1] En 2018, rematada a súa etapa xuvenil, foi subido ao filial e foi convocado para realizar a pretempada co primeiro equipo ás ordes de Diego Simeone, xogando con lentes de protección debido a unha lesión ocular sufrida en 2017.[2]
O 23 de setembro de 2018 debutou co Atlético de Madrid B na Segunda División B, nunha vitoria por 4-2 ante o Navalcarnero.[3] Un mes e unha semana despois, o 30 de outubro, debutou co primeiro equipo, disputando os 90 minutos da derrota por 1-0 contra o Sant Andreu nos oitavos de final da Copa do Rei.[4]
Unha semana despois debutou tamén na Liga de Campións, na vitoria por 2-0 contra o Borussia Dortmund no Estadio Metropolitano, substituíndo no descanso ao lesionado José Giménez.[5] E catro días despois realizou a súa estrea na Primeira División, xogando como titula nunha vitoria por 3-2 contra o Athletic de Bilbao.[6] Completou a tempada cun total de 33 partidos, 19 deles co filial e 14 co primeiro equipo.
O 2 de setembro de 2019, o Atlético renovou o seu contrato ata 2024, sendo inmediatamente cedido ao Deportivo da Coruña, da Segunda División.[7][8] Foi titular na maioría de partidos do equipo galego, pero o club completou unha nefasta tempada, descendendo á Segunda División B por segunda vez na súa historia.[9] Montero contribuíu con 31 partidos, 30 deles como titular.[10]
Para a tempada 2020/21 foi cedido ao Beşiktaş da Süper Lig turca.[11] Na súa primeira tempada en Turquía, conquistou tanto a liga como a Copa de Turquía e no verán firmou un contrato permanente co club.[12][13] Xogou de xeito habitual durante a tempada 2021/22, pero a súa participación caeu drasticamente na 2022/23, e trala chegada de Şenol Güneş ao banco, o xogador saíu cedido en xaneiro de 2023 ao Hamburger SV da 2. Bundesliga.[14]
Tampouco contou con oportunidades no equipo dirixido por Tim Walter, co que xogou só cinco partidos. En agosto de 2023 saíu cedido de novo, desta vez ao Arouca, da Primeira Liga portuguesa, onde coincidiu cos tamén españois Jason Remeseiro, Cristo, Rafa Mujica, Puche e Oriol Busquets.[15]
Foi internacional coa selección española sub-21 nunha ocasión, o 10 de outubro de 2019, disputando 17 minutos nun amigable contra Alemaña en Córdoba.[16]