Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1833 Saint-Michel-sur-Meurthe, Francia |
Morte | 9 de setembro de 1906 (73 anos) |
Bispo titular | |
23 de maio de 1879 – Diocese: Titular Episcopal See of Olympus (en) | |
Vigairo apostólico | |
23 de maio de 1879 – Diocese: Diocese católica latina de Tonga | |
Administrador apostólico | |
23 de maio de 1879 – 1896 | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1879–), sacerdote católico (1857–), misioneiro |
Orde relixiosa | Sociedade de María |
Consagración | Louis-Marie Caverot (pt) |
Jean-Amand Lamaze, S.M., nado o 28 de marzo de 1833 en Saint-Michel-sur-Meurthe (Vosgos, Francia) e finado o 9 de setembro de 1906 en Maofaga (Tongatapu, Tonga) foi un misioneiro católico francés, bispo e vigairo apostólico de Oceanía Central dende 1879 até o seu pasamento.
Naceu o 28 de marzo de 1833 en Saint-Michel-sur-Meurthe, un concello do departamento dos Vosgos, no Reino de Francia. O 1 de maio de 1857, con 24 anos, foi ordenado sacerdote, e cinco anos máis tarde, o 24 de setembro de 1862 profesou como padre marista.
O 23 de maio de 1879 foi nomeado vigairo apostólico de Oceanía Central, bispo titular de Olympus, e administrador apostólico da vigairía apostólica das Navegadores. Recibiu a consagración episcopal de mans do cardeal Louis-Marie Caverot o 21 de decembro do mesmo ano.
En 1896, co nomeamento de Pierre-Jean Broyer, deixou de administrar o arquipélago das Navegadores. Continuou a exercer como vigairo apostólico de Oceanía Central até o seu pasamento o 9 de setembro de 1906 en Tongatapu.