Jean Marie Okutu en xullo de 2017. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1988 (36 anos) Cotonou, Benín |
Residencia | Marín |
País de nacionalidade | Galicia |
Altura | 1,79 m |
Peso | 70 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Período de actividade | 2007 - |
Deporte | Atletismo |
Disciplina deportiva | Salto de lonxitude |
Adestrado por | Javier Medrano |
Membro do equipo deportivo | |
Participou en | |
2016 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
Jean Marie Okutu, nado en Cotonou, Benín o 4 de agosto de 1988, é un atleta galego de orixe ghanesa, especializado no salto de lonxitude. Foi campión de España desta modalidade en once ocasións.
Jean Marie Okutu naceu en Cotonou, aínda que a súa familia é natural de Ghana. O seu pai, mariñeiro, traballaba daquela no porto da capital de Benín até que foi destinado a Marín, vila á que se trasladou Jean Marie Okutu á idade de 6 anos.[2]
Comezou a practicar atletismo no club San Miguel de Marín e aos oito anos ingresou na Sociedad Gimnástica de Pontevedra. O seu primeiro éxito chegou no 2005, cando se proclamou campión de España en categoría xuvenil, cun salto de 7,08 m.
Okutu foi campión de España absoluto de lonxitude ao aire libre en seis ocasións: 2009 (7.94 m.), 2011 (7,84 m.), 2013 (7,76 m.), 2016 (7,65 m), 2017 (7,54 m) e 2018 (8,01 m). Tamén acadou cinco campionatos nacionais en pista cuberta nos anos 2013, 2014, 2015, 2016 e 2020. O seu mellor resultado internacional até o día de hoxe foi a medalla de prata no Campionato Iberoamericano de 2012.
Un dos seus irmáns, Edemon, foi un dos mariñeiros falecidos na traxedia do Villa de Pitanxo, buque galego afundido en augas de Terra Nova en 2022.[3]
Ano | Evento | Lugar | Posto | Marca |
---|---|---|---|---|
2012 | Campionato Iberoamericano de Atletismo | Barquisimeto, Venezuela | 2º | 7,87 m. |
2013 | Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta | Gotemburgo, Suecia | Q | 7,65 m. |
2013 | Campionato de Europa de Atletismo por Nacións (Superliga) | Gateshead, Reino Unido | 5º | 7,88 m. |
Proba | Data | Lugar | Marca | |
---|---|---|---|---|
Salto de lonxitude (aire libre) | 10/07/2016 | Serra Nevada | 8,17 m. | |
Salto de lonxitude (pista cuberta) | 21/02/2015 | Antequera | 7,98 m. |