Jean Richafort

Modelo:BiografíaJean Richafort
Biografía
Nacemento1480 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Condado de Hainaut Editar o valor en Wikidata
Morte1547 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Bruxas, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica renacentista e música clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJosquin des Prés Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Dicionario Musical Riemann (1901–1904)
Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1760288 Musicbrainz: 9d500cba-1454-40d1-a711-9933660eb547 Discogs: 833931 IMSLP: Category:Richafort,_Jean Editar o valor en Wikidata
Partitura de De mon triste déplaisir, de Jean Richafort

Jean Richafort, nado arredor de 1480 e finado arredor de 1547, foi un compositor dos Países Baixos borgoñóns da época do Renacemento, pertencente ás escola francoflamenga.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Crese que Jean Richafort puido ter nacido en Hainaut, nos Países Baixos, e con máis seguridade sostense que faleceu na cidade de Bruxas. Semella que a súa lingua materna foi o francés

Segundo Pierre de Ronsard, Richafort estudou con Josquin des Prés, para quen compuxo un requiem en 1532.

Foi mestre de capela da catedral de Saint-Rombaut, en Malines, entre os anos 1507 e 1509, e seguidamente na igrexa de Saint-Gilles, en Bruxas, entre 1542 e 1547, aínda que non se coñece exactamente o que fixo nese intermedio. Parece que traballou para a capela real de Francia durante algún tempo, xa que algunhas das súas composicións están destinadas a cerimonias relacionadas con Lois XII.

Algunhas evidencias suxiren que estivo en Bruxelas en 1531, quizais ao servizo de María de Hungría, daquela gobernadora dos Países Baixos españois.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Christus resurgens, motete (coa misa de Adrian Willaert baseada nel), CD Naxos 8.553211.
  • Requiem [in memoriam Josquin Desprez], interpretado por The Huelgas Ensemble, CD Harmonia Mundi HMC 901874.
  • Missa Pro Defunctis, interpretada por Cinquecento, CD Hyperion CDA67959.
  • Requiem. Na memoria de Josquin Després, interpretado por The King's Singers, CD Signum SIG 326.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gustave Reese, Music in the Renaissance. Nova York. W.W. Norton & Co, 1954. [ISBN 0-393-09530-4]
  1. Artigo "Jean Richafort" en The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Es. Stanley Sadie. Londres. Macmillan Ltd. 1980. [ISBN 1-56159-174-2]