Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Jesús de Monasterio y Agüeros 21 de marzo de 1836 Potes, España |
Morte | 28 de setembro de 1903 (67 anos) Cabezón de la Sal, España |
Educación | Conservatorio Real de Bruxelas |
Actividade | |
Ocupación | violinista, profesor de música, compositor, director de orquestra |
Profesores | Charles Auguste de Bériot |
Alumnos | Enrique Fernández Arbós (pt) e Pedro de Urrutia y Cruz (en) |
Instrumento | Violín |
Descrito pola fonte | Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
Jesús de Monasterio y Agüeros, nado en Potes (Cantabria) en 1836 e finado en Casar de Periedo (Cantabria) en 1903, foi un violinista, compositor e pedagogo español. Dá nome a un dos dous conservatorios de Santander (o outro nomeouse en honor a Ataúlfo Argenta).
É xunto con Pablo Sarasate é o maior representante da escola violinística española, na que destaca como clasicista. Tralos seus primeiros estudos, trasladouse a Bruxelas (Bélxica) onde estudou con Bériot. Dende alí comezou unha carreira brillante como virtuoso por Europa antes de volver a instalarse en España para exercer labores de alta docencia e de organización e pulo da vida musical. En Madrid foi director do Conservatorio Nacional de Música, músico da Real Capela e académico fundador da Sección de Música na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Como docente formou á meirande parte dos violinistas activos de relevancia na España de principios do século XX.
Participou no alhambrismo e o seu labor foi fundamental na introdución das obras de Wagner no panorama musical español e un dos máis importantes difusores da música de cámara. En 1863 fundou, xunto co pianista Juan María Guelbenzu, a Sociedad de Cuartetos de Madrid. En 1866, xunto a Barbieri e Gaztambide fundou a Sociedad de Conciertos de Madrid, orquestra chave no ambiente musical español, coa que se adicou á promoción do sinfonismo alemán, especialmente as Sinfonías de Ludwig van Beethoven.
Nos seus últimos anos adicouse case en exclusiva ao ensino musical, poñendo as bases da escola violinística española. No ano 1887 creouse para el no Conservatorio de Madrid a cátedra de Perfeccionamiento de Violín e de Música Instrumental de Cámara, á que pasou logo de abandonar a súa de Violín. Ás súas clases só podían acceder os alumnos que obtiveran os primeiros ou segundos premios en violín nos últimos concursos públicos da Escola de Música, os premiados en concursos doutros países, ou os que demostraran mediante un exame de selección as condicións necesarias para ingresar na clase. Entre os que pasaron polas súas mans salientan instrumentistas como Manuel Pérez, Manuel Pardo, Julio Casares, Juan Antonio Espino, Pedro Urrutia, Eduardo Fernández Murrió, Francisco Torres, Teodoro Ballo, Enrique Fernández Arbós, Andrés Goñi, Julia Rogel, Andrés Gaos ou Julio Francés, entre os violinistas, ou Juan Ruiz Casaux e Pau Casals, entre os violonchelistas.
Como compositor, a súa obra é fundamentalmente violinística. Nela destacan:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jesús de Monasterio |