![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1922 ![]() Oakland, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 22 de xaneiro de 1993 ![]() Stockton, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Stanford Oakland Technical High School (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 193 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 84 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista , adestrador de baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1947 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Chicago Stags (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
James Clifford "Jim" Pollard, nado o 9 de xullo de 1922 en Oakland (California) e finado o 22 de xaneiro de 1993 en Stockton (tamén California), foi un xogador e adestrador de baloncesto estadounidense que disputou sete tempadas da NBA como xogador e outro cinco como adestrador, repartidas entre a NBA e a ABA. Con tan só 1,93 metros de altura, xogaba na posición de ala-pivote, sendo capaz de realizar mates dende a liña de tiros libres,[1] gañándose o alcume de "The Kangaroo Kid" (o mozo canguro).
Xogou na súa mocidade na Univesidad de Stanford, onde foi unha peza clave para a consecución do Campionato da NCAA en 1942, onde tivo unha media de 21,5 puntos por partido ao longo do torneo, a pesar de perderse a final por lesión.[2] A súa carreira universitaria foi truncada pola segunda guerra mundial, pero ao seu regreso foi nomeado en dúas ocasións All-American.[3]
Foi elixido na sexta rolda do Draft da NBA de 1947 por Chicago Stags, pero a pesar diso asinou contrato con Minneapolis Lakers, onde transcorreu toda a súa etapa de xogador profesional. Alí formou, xunto a George Mikan e Vern Mikkelsen un dos mellores tríos de homes altos da historia da NBA. En 1952 foi nomeado polos xogadores que até a data xogaran na liga profesional como o mellor xogador da época.[3]
Foi elixido en dúas ocasións no mellor quinteto da liga, e noutras dúas no segundo mellor. Disputou tamén en catro ocasións o NBA All-Star Game. Nos seus 7 anos como profesional tivo unha media de 13,2 puntos e 7,8 rebotes por partido. Gañou cinco aneis de campión da NBA.
Ao acabar a súa carreira de xogador, fíxose cargo do equipo da Universidade de La Salle, onde permaneceu durante tres tempadas, cun balance de 48 vitorias e 28 derrotas. En 1960 fichou como adestrador do seu equipo de toda a súa vida, os Minneapolis Lakers, onde permaneceu un ano, para ir ao ano seguinte a Chicago Packers. En 1967 foi a parar á ABA, onde se fixo cargo dos Minnesota Muskies, pasando posteriormente polos Miami Floridians.[4]
Faleceu en 1993, por causas naturais, á idade de 70 anos.[5]