Joan García Oliver

Modelo:BiografíaJoan García Oliver

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1902 Editar o valor en Wikidata
Reus, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xullo de 1980 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Guadalaxara, México Editar o valor en Wikidata
Ministro de xustiza
4 de novembro de 1936 – 16 de maio de 1937
Ministro de Xustiza de España
4 de novembro de 1936 – 17 de maio de 1937
← Mariano Ruiz-Funes (pt) TraducirManuel Irujo Ollo → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, Terrorista anarquista, anarcosindicalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en

BNE: XX902599

Joan García Oliver, nado en Reus (Tarragona) en 1901 e finado en Guadalaxara (México) en 1980, foi un dirixente anarcosindicalista catalán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a traballar nunha fábrica de papel con 8 anos. En 1919 trasládase a Barcelona, onde traballa de camareiro e se afilia primeiro á Societat de Cambrers La Aliança, adherida á UXT, pero máis tarde participa na constitución do Sindicat de la Indústria Hostalera, Restaurants, Cafès i Annexes, que se integra na CNT. Participa na formación do grupo de acción Los Solidarios (1922), que atentaría contra o cardeal Juan Soldevila y Romero en Zaragoza e contra o secretario xeral dos Sindicatos Libres Joan Laguía Lliteras en Manresa en 1923.

En 1924 foi detido en Manresa e encarcerado en Burgos, sendo trasladado en 1926 á prisión de Pamplona. Foi liberado ó proclamarse a Segunda República e regresa a Barcelona. Afírmase que foi o que ideou a bandeira vermella e negra da CNT, que se exhibiría por primeira vez no Primeiro de Maio de 1931. Foi secretario da FAI e asistiu ó III congreso confederal da CNT en Madrid do 11 ó 16 de xuño de 1931.

En 1932 participa na insurrección anarquista do Alto Llobregat e volve ser preso. Impulsa a formación do Comité Nacional Revolucionario (con sede en Badalona) e dirixe a insurrección de xaneiro de 1933, que o leva de novo a prisión. Foi liberado despois do triunfo electoral da Fronte Popular de febreiro de 1936. Participa no IV Congreso da CNT en Zaragoza entre o 1 e o 10 de maio de 1936 e avisa do alzamento militar, formando parte do grupo encargado do aprovisionamento de armas. En xuño de 1936 impulsa a formación do Comité de Milicias Antifascistas de Cataluña e organiza unha columna de milicianos anarquistas que marcha á fronte de Aragón. Foi ministro de Xustiza no goberno de Largo Caballero entre o 4 de novembro de 1936 e o 19 de maio de 1937.

Inicia a organización das Escolas Populares de Guerra e pon en funcionamento uns campos de traballo para os detidos políticos. Durante os feitos de maio de 1937 anima ós cenetistas de Barcelona a deixar a loita que nas rúas de Barcelona, polo que máis tarde foi fortemente criticado. Exiliado en 1939, instálase en Suecia, Venezuela e México. Escribiu un libro coas súas memorias, El eco de los pasos.