(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1991 (33 anos) Wiltshire, Reino Unido |
Residencia | Londres |
Educación | The Corsham School (en) |
Actividade | |
Ocupación | youtubeiro, actor, produtor de televisión, videoblogueiro, autor, futbolista |
Período de actividade | 2012 - |
Familia | |
Parella | Dianne Buswell |
Irmáns | Zoella |
Joseph Graham "Joe" Sugg, nado en Wiltshire o 8 de setembro de 1991, é un youtuber e escritor británico, coñecido polas súas canles de YouTube, ThatcherJoe, ThatcherJoeVlogs e ThatcherJoeGames.
Fillo de Tracey e Graham Sugg, é irmán máis novo da tamén youtuber Zoe Sugg, coñecida en YouTube como Zoella.[1] Sugg traballou colocando tellados de palla, ademais da súa carreira en Youtube.[2] Desde 2014 até principios de 2016, Sugg viviu nun apartamento en Londres xunto ao seu amigo e tamén youtuber Caspar Lee.[3]
Sugg creou a súa canle ThatcherJoe en novembro de 2011, e desde febreiro de 2016 conta con máis de 6,1 millóns de subscritores e máis de 592 millóns de reproducións.[4][5] Os seus vídeos consisten en desafíos, bromas, e imitacións. Sugg tamén creou YouTuber Innuendo Bingo, similar a un segmento da BBC Radio 1, e máis tarde foi convidado a participar no segmento da BBC Radio 1.[6]
Sugg formou parte do proxecto 'YouTube Boyband', o cal recadou diñeiro para Cómic Relief e foi presentado por The Guardian.[7][8] No 2014, Sugg tamén participou no single «Do They Know It's Christmas?» como parte do supergrupo de caridade "Band Aid 30", nunha recadación de diñeiro para a epidemia do virus Ébola en África Occidental.[9][10][11]
En 2015, Sugg, xunto con Lee, realizou un cameo de voz na versión británica da película cómica Bob Esponxa: Un heroe fose da auga, como unha das gaivotas. O 23 de novembro de 2015 saíu á venda a súa película "Joe and Caspar Hit the Road", protagonizada por Caspar Lee e por el, e cuxa premier mundial foi o 22 de novembro en Londres