Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de decembro de 1919 Yauco, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 7 de maio de 2011 (91 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
Instrumento | Voz |
Johnny Albino, nado en Yauco o 19 de decembro de 1919 e finado o 7 de maio de 2011,[1] foi un cantante portorriqueño de boleros.
Albino xogaba e cantaba cando rapaz, mais non foi até anos máis tarde, cando formaba parte do Exército dos Estados Unidos, durante segunda guerra mundial, onde formou un cuarteto con outros soldados compañeiros. En 1946, Albino actuou por vez primeira nun "trío", converténdose tempo despois na voz do Trío San Juan, un grupo internacionalmente aclamado, pois o Trío San Juan daquela rivalizaba co Trío Los Panchos, obtendo sona e popularidade. Ironicamente, Albino máis tarde abandonou o "Trío San Juan" para comezar a súa andaina con "Los Panchos", como a voz principal, substituíndo outro cantante de trío lendario, Julito Rodriguez.
O artista morou os seus últimos anos en Porto Rico e conta con máis de 300 discos gravados no seu haber.