Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xullo de 1944 |
Morte | 7 de maio de 2020 (75 anos) Huntsville, Estados Unidos de América (pt) |
Actividade | |
Ocupación | ornitólogo, biólogo molecular, zoólogo |
Empregador | Universidade de Ohio |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Ahlquist |
Premios | |
|
Jon Edward Ahlquist, nado en 1944,[1] é un biólogo molecular e ornitólogo estadounidense.
Especializado en filoxenética molecular, desde 1987 colaborou amplamente con Charles Sibley, na Universidade Yale.
En xaneiro de 1991 (a miúido citada como de 1990), Charles Sibley e Ahlquist publcaron Phylogeny and Classification of Birds, na que presentaban unha nova filoxenia para as aves baseada nas técnicas de hibridación ADN-ADN, coñecida como a taxonomía de Sibley-Ahlquist.
Nesa época era profesor asociado de zooloxía na Universidade de Ohio. En 1999, Ahlquist retirouse.[2]
En 1988, conxuntamente co seu colega, amigo e estreito colaborador Charles Sibley, foi galardoado pola National Academy of Sciences dos Estados Unidos coa Medalla Daniel Giraud Elliot, pola aplicación de técnicas de hibridación do ADN-ADN para a clasificación das aves, que revolucionou a taxonomía ao mostrar como distinguir as relacións evolutivas das similitudes converxentes.[3]
A abreviatura Ahlquist emprégase para recoñecer a Jon Edward Ahlquist como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Jon Edward Ahlquist |