![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1928 ![]() Barcelona, España ![]() |
Morte | 19 de marzo de 1999 ![]() Barcelona, España ![]() |
Lugar de sepultura | Camposanto de Montjuïc ![]() |
Educación | Universidade de Barcelona ![]() |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, tradutor, avogado, poeta, escritor, ensaísta ![]() |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
Movemento | Xeración de 1950 de Literatura española ![]() |
Participou en | |
30 de abril de 1997 | Documento sobre o uso das linguas oficiais de Cataluña ![]() |
Familia | |
Pais | José María Goytisolo Taltavull ![]() ![]() |
Irmáns | Juan Goytisolo Gay Luis Goytisolo ![]() |
Parentes | Antonio Goytisolo Digat, avó paterno Agustín Goytisolo, bisavó paterno María Mendoza de Vives, tataravoa ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
José Agustín Goytisolo Gay, nado en Barcelona o 13 de abril de 1928 e finado na mesma cidade o 19 de marzo de 1999, foi un escritor catalán con formación bilingüe catalán/castelán, irmán dos tamén escritores Juan Goytisolo e Luis Goytisolo.
Pertenceu á chamada Xeración dos 50 canda escritores como Ángel González, José Manuel Caballero Bonald, José Ángel Valente e Jaime Gil de Biedma, que teñen en común o compromiso moral ou político e unha renovada atención á linguaxe e á lírica.[1]
Segundo Manuel Vázquez Montalbán, a poesía de Goytisolo, non foi só unha proposta ideolóxica limitada a dar unha alternativa ao capitalismo franquista, senón que aspira á construción dun novo humanismo:
proposta de reconstrución da razón humana.
Naceu no seo dunha familia burguesa e castelán-falante, que se viu brutalmente sacudida pola morte da nai -Julia Gay- vítima dun bombardeo franquista sobre a cidade en 1938. O dramático feito afectou a todos os fillos, pero especialmente a José Agustín, que lle puxo á súa filla o nome da nai perdida, e que nun dos seus máis célebres poemas (musicado e cantado por Paco Ibáñez ou Los Suaves), "Palabras para Julia".
Realizou importantes traducións do italiano e o catalán ao castelán. Traduciu, entre outros, a Cesare Pavese, Pier Paolo Pasolini, Salvador Espriu e Pere Quart.