Joseph Gyau

Modelo:BiografíaJoseph Gyau

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Joe Gyau Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Joseph-Claude Agyeman Gyau Editar o valor en Wikidata
16 de setembro de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Tampa, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Liga3. Fußball-Liga (pt) Traducir, Fußball-Bundesliga, 2. Bundesliga e Major League Soccer Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Número deportivo21 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–2014 TSG 1899 Hoffenheim 56(9)
2012–2013 cesión FC St. Pauli 15(0)
2013–2013 cesión FC St. Pauli II 2(1)
2014–2014 Borussia Dortmund 1(0)
2014–2017 Borussia Dortmund II 12(2)
2017–2018 SG Großaspach Sonnenhof 46(6)
2018–2019 Meidericher Spielverein Duisburg 20(2)
2019–2022 FC Cincinnati 51(1)
2022–2024 Degerfors IF 48(1)
2024– Las Vegas Lights FC 21(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2009   Estados Unidos sub-17 28(2)
2010–2011   Estados Unidos sub-20 4(4)
2012–2012   Estados Unidos sub-23 4(0)
2014–   Selección de fútbol dos Estados Unidos 3(0)
Familia
PaiPhilip Gyau Editar o valor en Wikidata
ParentesJoseph Agyemang-Gyau, avó Editar o valor en Wikidata

Joseph-Claude Agyeman Gyau, máis coñecido como Joe Gyau, nado o 16 de setembro de 1992 en Tampa, Florida, é un futbolista estadounidense que xoga como volante ofensivo ou dianteiro para o MSV Duisburg da 2. Bundesliga de Alemaña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

TSG 1899 Hoffenheim

[editar | editar a fonte]

Gyau é un produto da Academia de Fútbol IMG dos Estados Unidos, xogando alí entre 2007 e 2009. En 2009 fichou para o club alemán TSG 1899 Hoffenheim e debutou na tempada 2010-11 xogando para o equipo de reservas. Gyau debutou co primeiro equipo o 8 de febreiro de 2012, entrando como substituto na segunda metade en substitución do seu compatriota Fabian Johnson na derrota do Hoffenheim 1-0 contra o Greuther Fürth polos cuartos de final da DFB-Pokal.[1] O 13 de abril de 2012, Gyau asinou un contrato por tres anos co Hoffenheim.[2]

FC St. Pauli

[editar | editar a fonte]

O 30 de agosto de 2012 o FC St. Pauli da segunda división de Alemaña fichou a Gyau a préstamo polo resto da tempada.[3] Realizou o seu debut co club o 25 de setembro de 2012, entrando o segundo tempo na derrota 0-1 ante o VfR Aalen pola 2. Bundesliga.[4] Foi titular por primeira vez o 31 de outubro de 2012, xogando os 90 minutos do partido pola DFB-Pokal ante o VfB Stuttgart.[5]

Regreso ao Hoffenheim

[editar | editar a fonte]

Gyau regresou ao Hoffenheim en 2013, pero non volveu xogar para o primeiro equipo até abril de 2014, cando fixo o seu debut na 1. Bundesliga o 26 dese mes, ingresando no segundo tempo do partido no que o seu club empatou 0-0 contra o Eintracht Frankfurt.[6]

Borussia Dortmund II

[editar | editar a fonte]

O 30 de xuño de 2014 confirmouse o seu traspaso ao Borussia Dortmund da 1. Bundesliga alemá, equipo co que inicialmente traballou co combinado sub-23 que xoga na 3. Bundesliga.[7] Gyau fixo o seu debut con este último o 9 de agosto de 2014 anotando dous goles na vitoria 5-1 sobre o Jahn Regensberg na 3. Bundesliga.[8] Gyau foi incluído no persoal do Borussia Dortmund nun partido pola1. Bundesliga o 13 de setembro de 2014, pero finalmente non chegou a debutar co primeiro equipo. No entanto, debutou co club na Bundesliga o 24 de setembro, ingresando no últimos quince minutos do encontro no que o Dortmund empataría 2-2 fronte ao Stuttgart.[9]

Club País Ano
Hoffenheim  Alemaña Alemaña 2009 - 2014
FC St. Pauli (a préstamo)  Alemaña Alemaña 2012 - 2013
Borussia Dortmund II  Alemaña Alemaña 2014 - Actualidade

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Seleccións inferiores

[editar | editar a fonte]

Gyau foi un membro regular dos equipos inferiores dos Estados Unidos. Entre as súas aparicións coa selección estadounidense sub-17 e sub-20 acumula máis de 30 partidos e 6 goles.

Gyau foi chamado para os campamentos de adestramento de finais do ano 2011 da selección sub-23 con miras ao torneo Preolímpico de CONCACAF de 2012, e debutou con esta selección o 29 de febreiro no amigable co seleccionado sub-23 de México. Estados Unidos terminaría gañando o partido 2-0.[10] O 12 de marzo de 2012, Gyau foi chamado novamente á selección sub-23, como parte da lista provisional de 19 xogadores para enfrontar a eliminatoria CONCACAF para as Olimpíadas en Londres.[11] Gyau logo xogou o tres partidos xogados na fase de grupos polos Estados Unidos vindo desde a banca.

Selección maior

[editar | editar a fonte]

O 12 de novembro de 2012 anunciouse que Gyau fora convocado por primeira vez á selección maior polo técnico Jürgen Klinsmann, con miras a un partido amigable fronte a Rusia en Krasnodar.[12] No entanto, Gyau non formou parte do persoal de 18 xogadores o día do partido.[13] Gyau finalmente debutaría coa selección nacional o 3 de setembro de 2014, xogando os 90 minutos na vitoria 1-0 nun partido amigable fronte á República Checa.[14]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Actualizado o 24 de setembro de 2014.[15]

Club Div Tempada Liga Copas Nacionais(1) Torneos internacionais Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Hoffenheim


Alemaña Alemaña 

2011/12 0 0 1 0 - - 1 0
2012/13 0 0 0 0 - - 0 0
2013/14 2 0 0 0 - - 2 0
Total club 2 0 1 0 - - 3 0
FC St. Pauli (a préstamo


Alemaña Alemaña

2012/13 15 0 1 0 - - 16 0
Total club 15 0 1 0 - - 16 0
Borussia Dortmund  Alemaña Alemaña


2014/15 1 0 0 0 0 0 1 0
Total club 1 0 0 0 0 0 1 0
Total carreira 18 0 2 0 - - 20 0
(1)Inclúe datos da DFB Pokal (2011/2012, 2012/13)
  1. "Match Report:1899 Hoffenheim - Greuther Fürth". 
  2. "Gyau sings 3-year contract with Hoffenheim". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2012. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  3. "Gyau wechselt auf Leihbasis zum FC St. Pauli". 
  4. "Hübner vergrößert St. Paulis Probleme". 
  5. "Traoré überrascht Tschauner aus der Distanz". Arquivado dende o orixinal o 02/04/2016. Consultado o 11/06/2017. 
  6. Greg Seltzer. "American Exports: John Anthony Brooks gets back on USMNT radar; Joe Gyau makes Bundesliga debut". 
  7. Thomas Floyd. "Borussia Dortmund sign U.S. prospect Joe Gyau". 
  8. Greg Seltzer. "American Exports: US youngster Emerson Hyndman makes debut for Fulham". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2014. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  9. "USA's Joe Gyau makes Borussia Dortmund first-team debut". 
  10. "U.S. Under-23 MNT Defeats Mexico 2-0". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  11. "Caleb Porter names 19 players to U23 training camp roster". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  12. "Klinsmann calls 20 players for friendly against Rusia". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2013. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  13. "Altidore, Chandler start for US at Russia and Gatt given national team debut". Associated Press (en inglés). 2015-03-27. Consultado o 2022-04-16. 
  14. "Alejandro Bedoya's goal lifts young USA over Czech Republic in friendly". 
  15. "Joseph-Claude Gyau - Performance Data". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]