José Jorge Letria

Modelo:BiografíaJosé Jorge Letria

(2011) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) José Jorge Alves Letria Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Cascais, Portugal Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, poeta, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista (Portugal) Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX999028 Musicbrainz: 817ba60e-e055-49b1-8cf8-ec66b65cb7f5 Discogs: 1475996 Editar o valor en Wikidata

José Jorge Alves Letria, nado en Cascais o 8 de xuño de 1951, é un xornalista, político, poeta e escritor portugués.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito, Historia e Historia de Arte na Universidade de Lisboa, sendo posgraduado en Xornalismo Internacional e titulado en "Estudos da Paz e da Guerra nas Relacións Internacionais" pola Universidade Autónoma de Lisboa[2] e pos-graduado en Xornalismo Internacional. Doutorouse en Ciências da Comunicación no ISCTE, en setembro de 2017.[3]

Xornalista desde 1970 até decembro de 2003, comezou por colaborar nos suplementos Juvenil e A Mosca do Diário de Lisboa. Seguidamente, foi redactor e editor de xornais como o República, Diário de Notícias, O Diário e Jornal de Letras, foi tamén xefe de redacción do semanario Musicalíssimo e correspondente do diario de Barcelona, Tele-Express, e da revista Delibros do Ministerio da Cultura do Estado español.[4][5]

Foi algúns anos profesor de secundaria e tamén foi profesor de xornalismo, experiencia da que resultou a publicación de tres libros sobre a materia.

Foi autor de programas de radio e de televisión, destacandose, a ese nivel, a súa participación, durante varios anos, no equipo de creadores da “Rua Sésamo”, en Portugal e autor dos textos do programa "Pastéis de Belém", na TSF.

Iniciou o seu percurso político como membro do Partido Comunista Portugués en 1972, téndose desvinculado deste partido en 1991.

Foi un dos poucos civís que se encontraban ao corrente do levantamento militar do 25 de abril de 1974, tendo colaborado cos militares na Dirección da Emisora Nacional desde o 27 de abril dese ano. Tamén foi responsábel da programación musical da Estación oficial até mediados de 1975.[4]

Adheriuse ao Partido Socialista de Portugal en 1995 e foi entre 1994 e 2001 concelleiro de Cultura da Cámara Municipal de Cascais, onde creou a revista Boca do Inferno.

Integrou durante seis anos o Bureau Executivo da Asociación dos Electos Locais e Rexionais da Grande Europa para a Cultura, tendo sido membro da Comisión de Redacción do Libro Branco sobre as Políticas Culturais na Europa.

Foi vicepresidente da Fundación D. Luís I., para a área da Cultura, en Cascais, e presidente da Fundación São Francisco de Assis, tamén con sede en Cascais, destinada ao acollemento e tratamento de animais abandonados.

Como dirixente asociativo foi membro da dirección do Sindicato dos Músicos e da Asociación Portuguesa de Escritores e Vicepresidente da Dirección e da Administración da Casa da Prensa.

É membro da World Literary Academy.

É, desde setembro de 2003, vicepresidente e administrador da Sociedade Portuguesa de Autores e, desde setembro de 2007, o seu administrador-delegado. Integra, desde abril de 2005, en representación da SPA, o Comité Executivo do Consello Internacional de Autores Dramáticos, Literarios e Audiovisuais.

Actividade literaria

[editar | editar a fonte]

O esencial da súa obra poética atópase condensado nos dous volumes da antoloxía "O Fantasma da Obra", publicados respectivamente en 1994 e en 2003, ano en que completou tres décadas de actividade literaria en libro, e foi obxecto dunha tese universitaria presentada en 2003 na Universidade Aberta pola Drª Fátima Azóia.

O seu libro para nenos "O Homem que Tinha uma Árvore na Cabeça" integrou, en 2002, a lista "Books and Reading for Intercultural Education", da Unión Europea.

Autor de case douscentos títulos publicados nunhas cincuenta editoras diferentes, metade deles literatura infanto-xuvenil. A súa obra para a infancia foi o tema dunha tese universitaria pola Drª Maria Teresa Macedo, na Universidade do Minho.

Sobre a súa experiencia na madrugada do 25 de abril publicou, en 1999, o libro "Uma Noite Fez-se Abril". Foi autor do ensaio "O Terrorismo e os Media - O Tempo de Antena do Terror".

Ten libros traducidos en varias linguas (español, francés, inglés, italiano, coreano, xaponés, ruso, búlgaro, romanés, húngaro e checo).

Está representado en numerosas antoloxías poéticas en Portugal e no estranxeiro, especialmente no Estado francés, onde o seu libro "Um Amor Português", traducido por Séverine Rosset, foi publicado pola Editora Albin Michel.

Actividade musical

[editar | editar a fonte]

Nos anos 70 foi un activo cantor de intervención,[6] ao lado de nomes como José Afonso, Manuel Freire, Adriano Correia de Oliveira e Francisco Fanhais, entre outros, tendo gravado entre 1968 e 1981, cerca dunha decena de discos e realizando centos de espectáculos, especialmente na Galiza e en Madrid entre 1972 e 1973.[7]

Infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • Mouschi, o gato de Anne Frank. Asa. Ilustracións de Danuta Wojciechowska.
  • Corpos Celestes. Texto. Ilustracións de Sandra Abafa.
  • O Abraço de Picasso (1993). Ilustracións de R. Carlos Rebelo da Silva.
  • Versos de fazer ó-ó (1999).
  • Timor contado às Crianças...e aos outros (1999).
  • Olá, Brasil! (2000). Ilustracións de João Fazenda.
  • Portugal para os Pequeninos (2000).
  • A violência explicada aos jovens... e aos outros (2000). Ilustracións de João Fazenda.
  • A Minha Primeira República (2009). Dom Quixote. Ilustracións de Afonso Cruz.
  • Henriqueta, a Tartaruga de Darwin (2009). Texto/Leya. Ilustracións de Afonso Cruz.
  • Galileu à Luz de uma Estrela (2009). Texto/Leya. Ilustracións de Afonso Cruz.
  • O Dia em que o Homem Beijou a Lua (2009). Portugália. Ilustracións de Carla Nazareth.
  • A Alfabeto dos Países (2009). Oficina do Livro. Ilustracións de Afonso Cruz.
  • Era Uma Vez um Rei Conquistador, (2009). Oficina do Livro. Ilustracións de Afonso Cruz.
  • Machado dos Santos-Herói da Rotunda (2010).Texto/Leya. Ilustracións de Afonso Cruz.
  • A Canção Política em Portugal (1978).
  • Íntimo das Ondas (1988). Poesía.
  • O Fantasma da Obra (1993). Poesía.
  • Azul de Delft (1993). Teatro.
  • Amotinados do Vento (1993). Narrativa.
  • Do sentimento mágico da vida (1994). Escritor.
  • Conversas com Letras (1994)
  • A mão esquerda de Cervantes (1998). Pergaminho.
  • A metade iluminada (1998). Ulmeiro.
  • Variantes do Oiro (1998). Poesía.
  • Um Amor Português (2000). Editorial Notícias.
  • O Livro Branco da Melancolia (2001). Poesía.
  • O Terrorismo e os ‘Media’ (2001).
  • Meu Portugal Brasileiro (2008).O ficina do Livro.
  • O Que Darwin Escreveu a Deus (2009). Oficina do Livro.
  • Coração Sem Abrigo (2009). Oficina do Livro. En 2020, Editora Guerra & Paz.
  • A Última Valsa de Chopin (2010).Oficina do Livro.
  • O Vermelho e o Verde, (2010). Ed. Planeta. Sobre a implantación da República.
  • E Tudo Era Possível (2013). Clube do Autor.
  • Mal por Mal, Antes Pombal (2019). Editora Guerra & Paz.
  • Os vencidos da História (2019).
  • O Livro Branco da Melancolia (2019). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda
  • Um Mundo Aflito (2020). Editora Guerra & Paz.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Até Ao Pescoço ‎(LP, 1972) Guilda Da Música DP 008
  • De Viva Voz ‎(LP, 1976) Guilda Da Música dp 021
  • Lutar Vencer ‎(LP, 1975) Orfeu STAT 038
  • Doa A Quem Doer ‎(LP, 1977) Orfeu STAT 041
  • Quem Cala Consente ‎(LP, 1978) Orfeu STAT063
  • O Circo Da Alegria ‎(LP, 1978) Diapasão DIAP 16024
  • Fruta Da Época (LP, 1981) DIAP 18001
  • Abril, Abrilzinho ‎(CD, 2006)
  • Histórias de Chocolate
  • Em Paz Com a Voz. Antologia

Singles & EPs

[editar | editar a fonte]
  • História Do José Sem Esperança / Romance Da Maria Formiga / Romance Do Cão De Guarda / Canção Da Gesta ‎(EP) RCA TP 494
  • Folhetango / Conta Corrente ‎(Single, 1971) Guilda Da Música 2000/001
  • Tango Dos Pequenos Burgueses / Pare, Escute E Olhe ‎(Single, 1972) Guilda Da Música 2000/005
  • Pare, Escute E Olhe ‎/ Arte Poética (Single) Zip Zip ZIP 30020/S
  • A Vitória É Difícil / Só De Punho Erguido ‎(Single, 1974) Orfeu KSAT 517
  • Cartas Na Mesa / Lisboa 73‎ (Single, 1975) Orfeu KSAT 520
  • Pelo Socialismo Com A Classe Operária / A Terra A Quem A Trabalha ‎(Single, 1975) Orfeu KSAT 531
  • Diálogo Com Lisboa / Canto da Hora Presente ‎(Single, 1976) Orfeu KSAT 567
  • A Banda Sarabanda / O Macaco Catrapás ‎(Single) Orfeu KSAT 628
  • Canção De Jornada ‎/ Que Horas Serão? (Single, 1979) Toma Lá Disco TLS 021

Premios e distincións:[8]

[editar | editar a fonte]
  • 1992: Medalha da International des Arts et des Lettres, de París, xuntamente cos escritores Natália Correia e David Mourão-Ferreira
  • 1997: Condecorado polo Presidente da República Portuguesa Jorge Sampaio coa Ordem da Liberdade.
  • 2002: Medalla de Honra do Municipio de Cascais, tendo sido atribuído o seu nome á Escola EB 1 da vila, onde asistira na súa infancia.
  • Premio Internacional Unesco atribuído no Estado francés.
  • Premio Aula de Poesía de Barcelona.
  • Premio Plural de México.
  • Prémio da Associação Paulista de Críticos de Arte atribuído en São Paulo.
  • Premio Gulbenkian.
  • Grande Premio Garrett da Secretaria de Estado da Cultural.
  • Premiado dúas veces co Eça de Queirós-Município de Lisboa.
  • Premiado tres veces co Ferreira de Castro de Literatura Infantil, así como co prémio O Ambiente na Literatura Infantil
  • Premio Garrett.
  • Premio José Régio de teatro.
  • 1990: Premio Camilo Pessanha do IPOR, por Oriente da Mágoa.[9]
  • 1998: Grande Premio de Conto "Camilo Castelo Branco" C. M. de Vila Nova de Famalicão/APE por A mão esquerda de Cervantes.
  • 2006: Premio Maria Rosa Colaço, no 2006, para o texto inédito A Fala das Coisas (conto infanto-xuvenil).[10]
  • 2007: Premio Nacional de Poesía Nuno Júdice, de 2007, para a colectánea inédita Sobre Retratos.
  • 2009: Premio Manuel d'Arriaga da Sociedade Protectora dos Animais.
  1. "José Jorge Letria. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-10. 
  2. "Kalandraka: Detalle". www.kalandraka.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-10. 
  3. "José Jorge Letria". Porto Editora. Consultado o 2020-06-10. 
  4. 4,0 4,1 "José Jorge Letria - FLUL Alumni". alumni.letras.ulisboa.pt. Consultado o 2020-06-10. 
  5. "Poema da semana". cvc.instituto-camoes.pt. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2020. 
  6. "José Jorge Letria - Pergaminho". Porto Editora. Consultado o 2020-06-10. 
  7. "Biografia / Biography José Jorge Letria". www.josejorgeletria.net (en portugués). Consultado o 2020-06-10. 
  8. "Puvill Libros, S.A.". www.puvill.com (en portugués). Consultado o 2020-06-10. 
  9. "Oriente da Mágoa". ipor.mo. Consultado o 2020-06-10. 
  10. "Câmara Municipal de Almada - Cerimónia de Entrega do Prémio Literário Maria Rosa Colaço". www.m-almada.pt. Consultado o 2020-06-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]