José María Peña Salegui

Modelo:BiografíaJosé María Peña Salegui

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1895 Editar o valor en Wikidata
Getxo, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Getxo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol, atleta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1915 Editar o valor en Wikidata - 1934 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol
atletismo Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1915–1926 Arenas Club de Getxo
1922–1922 cesión   RCD Espanyol
1926–1932   Real Madrid CF
1932–1933   Celta de Vigo
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1921–1930   España 21(1)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1932–1935   Celta de Vigo
1935–1936   Real Oviedo
1939–1940   CA Osasuna
1940–1942   Sporting de Gijón
1942–1943 Arenas Club de Getxo
1943–1945 Barakaldo Club de Fútbol
1946–1947   Sporting de Gijón
1947–1948 Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega Editar o valor en Wikidata
Participou en
1924Xogos Olímpicos de 1924 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 292648 Editar o valor en Wikidata

Anacleto José María Peña Salegui, nado en Getxo (Biscaia) o 19 de abril de 1895 e finado o 13 de xaneiro de 1988, foi un atleta, futbolista e adestrador de fútbol vasco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na súa etapa no Arenas de Getxo compaxinaba o fútbol co atletismo. En 1923 proclamouse con este club campión de España na disciplina de remudas 4x250 metros, e bateu o récord de España de 110 metros valados, cun tempo de 17 segundos e catro décimas.[1] En 1925 foi campión de España dos 400 metros valados e en 1926 coroouse campión dos 110 metros valados.[2]

Como xogador de fútbol gañou co Arenas a Copa de España de 1919, ao derrotar na final ao FC Barcelona, anotando el mesmo un dos goles do seu equipo na prórroga (5-2). Anteriomente xa xogara outra final de Copa, na edición de 1917, na que o Arenas perdeu na final contra o Real Madrid. Precisamente o equipo madrileño acabouno fichando no ano 1926, despois de máis dunha década no Arenas de Getxo.

Foi un dos primeiros futbolistas en asinar un contrato profesional co Real Madrid, co que xogou durante seis tempadas, formando un bloque no centro do campo con Prats e Esparza.[3] O 10 de febreiro de 1929 disputou o primeiro partido do Real Madrid na Primeira División, goleando por 5-0 ao Europa.[4]

No ano 1932 deixou o Real Madrid, á idade de 37 anos. Nese momento o Celta de Vigo fíxolle unha xenerosa oferta para ser xogador-adestrador en Segunda División. Adestrou en Vigo tres tempadas, actuando tamén como xogador en nove encontros en total. Nas súas dúas primeiras tempadas no equipo celeste rematou na sétima e na cuarta posición respectivamente, nunha liga de dez equipos, mentres que na terceira, a tempada 1934/35, acabou líder do seu grupo, xogando a promoción de ascenso pero sen conseguir subir de categoría.

O 26 de maio de 1935 dirixiu o seu último partido co Celta, nos oitavos de final da Copa do Presidente da República contra o Sabadell, onde ademais actuou como xogador, aos seus 40 anos de idade.[5] Posteriormente foi adestrador do Oviedo, Osasuna, Arenas de Getxo, Sporting de Gijón, Barakaldo, e Gimnástica de Torrelavega, algúns deles en máis dunha etapa.

Selección española

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española 21 ocasións, debutando en 1921 nun partido amigable contra Bélxica en San Mamés.[6] Participou nos Xogos Olímpicos de 1924 en París, caendo na primeira rolda contra Italia.[7]

  1. "Progresión do récord de España de 110 metros valados" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2021. Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  2. "Campionatos de España de atletismo" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2021. Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  3. "El primer jugador profesional de la historia del Real Madrid". realmadrid.com (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  4. "Su cumplen 92 años del primer partido de Liga del Real Madrid" (en castelán). 10 de febreiro de 2021. Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  5. "Sabadell - Celta de Vigo 1935". BDFutbol (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  6. "Partidos de José María Peña coa selección española". sefutbol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2021. Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  7. "Italia - España 1924". FIFA (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]