(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Diego Ruiz Moreno 14 de decembro de 1942 Bormujos, España |
Morte | 28 de abril de 2022 (79 anos) Madrid, España |
Outros nomes | Juan Diego |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actor de cinema, activista político, actor de televisión, actor de teatro, actor |
Período de actividade | 1957 - 2022 |
Partido político | Partido Comunista de España |
Membro de | |
Participou en | |
24 de outubro de 2017 | Andalucía polo diálogo |
Premios | |
Juan Diego Ruiz Moreno, nado en Bormujos (Sevilla) o 14 de decembro de 1942, e finado en Madrid o 28 de abril de 2022,[1] foi un actor español.
Juan Diego declarou que pasou unha infancia feliz e completamente normal. Aínda que sempre se sentiu identificado coa súa vila, de mozo decidiu estudar en Sevilla para evitar dedicarse ás faenas do campo.[2] A súa temperá vocación interpretativa cobrou forma en 1957, cando subiu por vez primeira a un escenario.
Tres anos máis tarde interpretou en Sevilla Á espera de Godot, de Samuel Beckett, un traballo polémico que cimentou o seu prestixio entre a crítica. Ampliou a súa formación no Conservatorio de Música e Declamación, estudos que lle permitiron entrar en contacto con Televisión Española (TVE). Interveu nunha gran cantidade de programas da televisión, entre telenovelas, producións dramáticas e o popular Estudio 1. Esta experiencia permitiulle coñecer a fondo as táboas e familiarizarse cos estamentos da profesión.[2]
Tamén de novo tomou conciencia política e comezou a militar na Frente de Estudiantes Sindicalistas, que era a rama xuvenil do falanxismo disidente, que despois deu orixe á Falange Independiente. Porén, como outros militantes dese ambiente, acabou derivando cara a unha militancia no Partido Comunista de España (PCE), entón clandestino.
En 1975 foi un dos líderes da folga de actores que reivindicaba a redución da xornada laboral para os intérpretes teatrais. Ese mesmo ano apareceu xunto a Ana Belén no filme La criatura de Eloy de la Iglesia, con quen xa colaborara en Algo amargo en la boca (1969), e participou no primeiro filme de Francisco Rodríguez, La casa grande, que participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín.[3]
Na década seguinte interveu en Los santos inocentes (Mario Camus, 1984). Foi entón cando consolidou a súa carreira no cinema. A súa interpretación como o intrigante capuchino de El rey pasmado (1991), valeulle o seu primeiro premio Goya. A mediados da década de 1990 diminuíu a súa actividade cinematográfica, centrándose na súa carreira teatral.
En 1999 produciuse o seu regreso ao cinema con París-Tombuctú, en que daba vida a un anarquista que andaba espido polas rúas do lugar. Asunción Balaguer e Liberto Rabal anunciaron que o intérprete gañara o seu segundo Goya, que recolleu o director Luis García Berlanga, agradecéndolle que fose o "único actor que tivo as pelotas de saír en pelotas".
En 2002 Juan Diego regresou á televisión para porse ás ordes de Benito Zambrano en Padre Coraje, papel polo que obtivo o premio da Unión de Actores. Na gala de entrega, os candidatos berraron ao unísono "non á guerra", rexeitando a decisión de George W. Bush de iniciar a guerra de Iraq. O propio Juan Diego lera manifestos na Porta do Sol acompañado de María Barranco e Juan Diego Botto, chegando a atender no escenario un manifestante ferido pola policía.
En 2005 comezou a popular serie Los hombres de Paco, que durou ata 2010, nela actuou xunto cos actores Paco Tous, Pepón Nieto, Hugo Silva e Adriana Ozores.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Diego |