Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Joan Rovira Tarazona 5 de maio de 1930 Lleida, España |
Morte | 3 de xuño de 1990 (60 anos) Madrid, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
14 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Alacant Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
10 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Circunscrición electoral: Alacant | |
Minister of Health, Social Services and Equality (en) | |
6 de abril de 1979 – 9 de setembro de 1980 ← Enrique Sánchez de León Pérez – Alberto Oliart → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
13 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Cáceres (en) Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
30 de xuño de 1977 – 31 de agosto de 1982 Circunscrición electoral: Cáceres (en) | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
30 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Cáceres (en) Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | xurista, avogado, político |
Partido político | Unión de Centro Democrático Alianza Popular |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Joan Rovira i Roure |
Premios | |
Juan Rovira Tarazona, nado en Lleida o 5 de maio de 1930 e finado o 3 de xuño de 1990, foi un xurista e político español.
Fillo do que foi alcalde de Lleida e deputado pola Lliga Rexionalista, asasinado o comezo da guerra civil española, Joan Rovira i Roure. Licenciado en Económicas e Dereito pola Universidade de Madrid, gañou por oposición a praza de avogado do Estado. Durante o franquismo ocupou cargos de importancia no Ministerio de Facenda, chegando a subsecretario desde 1971 a 1973. Fundou o partido político Acción Rexional Estremeña que se integraría máis tarde na Unión de Centro Democrático. Foi elixido deputado polas listas deste último partido para o Congreso dos Deputados en 1977 e mantivo a reelección até 1982 cando a formación política se desintegrou. Máis tarde integrouse na entón Alianza Popular da man de Manuel Fraga Iribarne, sendo elixido de novo deputado pola Circunscrición electoral de Alacant na III Lexislatura.
Na I Lexislatura despois de aprobada a Constitución Española, foi nomeado Ministro de Sanidade e Seguridade Social por Adolfo Suárez, destacando que regulou a doazón para transplante de órganos por vez primeira en España. Cesado en 1980, pasou a ser Delegado do Goberno en Cataluña.
Predecesor: Enrique Sánchez de León Pérez |
Ministro de Sanidade e Seguridade Social abril de 1979 - setembro de 1980 |
Sucesor: Alberto Oliart Saussol |