Kent Benson

Modelo:BiografíaKent Benson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1954 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
New Castle, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNew Castle (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Indiana (pt) Traducir
New Castle High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura208 cm Editar o valor en Wikidata
Peso105 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor en Wikidata - 1989 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porMilwaukee Bucks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Utah Jazz
Cleveland Cavaliers
Milwaukee Bucks
1973–1977 Indiana Hoosiers
1980–1986 Detroit Pistons (Pivote)
1988–1989 Pallacanestro Cantù (Pivote)
Premios

Michael Kent Benson, nado o 27 de decembro de 1954 en New Castle, Indiana, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que disputou once tempadas na NBA. Con 2,08 metros de altura, xogaba de pivote. Foi escollido no número un do Draft de 1977 por Milwaukee Bucks.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

A súa etapa universitaria pasouna xogando cos Hoosiers de Indiana, equipo que dirixía o mítico Bobby Knight. Alí conseguiu gañar o título da NCAA en 1976, sendo nomeado mellor xogador do torneo, nunha tempada invicta para o seu equipo. En 1976 e 1977 foi incluído no primeiro equipo All-American.[1][2]

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na primeira posición do Draft da NBA de 1977 por Milwaukee Bucks, equipo no que xogou durante dúas tempadas e media, e onde non demostrou o ofrecido na súa etapa universitaria. Foi traspasado a Detroit Pistons, onde permaneceu durante seis tempadas, mellorando un pouco os seus números, pero sen chegar ao que se esperaba dun número un do draft. Os seus dous últimos anos como profesional pasounos en Utah Jazz e en Cleveland Cavaliers, onde tan só disputou dous partidos. En once anos de carreira fixo 9,1 puntos e 5,7 rebotes por partido.

  1. "NCAA College Basketball AP All-America Teams". Basketball-Reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2019. 
  2. "1976 NCAA Championship team". Hoosier Historia. 10 de marzo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]