Kiira Linda Katriina Korpi-Borges, nada o 26 de setembro de1988 en Tampere, é unha patinadora artística sobre xeo finlandesa retirada. Foi cinco veces campioa finlandesa e tres veces medallista no Campionato de Europa.[1] Korpi comezou a estudar psicoloxía en The New School de Nova York no outono de 2018.[2]
Filla de Brita Korpi e do adestrador de hóckey sobre xeo Rauno Korpi, que dirixiu a Tappara na conquista de catro campionatos finlandeses e que en 1998 conseguiu o bronce olímpico coa selección feminina,[3][4] comezou a súa carreira como patinadora na escola de patinaxe de Tappara en 1993.[1]