L'occasione fa il ladro A ocasión fai ao ladrón | |
---|---|
Forma | Farsa cómica |
Actos e escenas | 1 acto |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Luigi Prividali |
Estrea | 24 de novembro de 1812 |
Teatro da estrea | Teatro San Moisè |
Lugar da estrea | Venecia |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Bibliothèque du Conservatoire, París. Os recitativos secos son dun colaborador descoñecido. |
Personaxes | |
L'occasione fa il ladro (en galego A ocasión fai ao ladrón) é unha farsa cómica nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Luigi Prividali, baseado en Le prétendu par hazard, ou L'occasione fait le larron (1810) de Eugène Scribe. Foi estreada no Teatro San Moisè de Venecia o 24 de novembro de 1812.
Foi composta por Rossini en non máis de 11 días cando tan só tiña 20 anos, é a cuarta das cinco farsas compostas por Rossini para o Teatro San Moisè de Venecia entre 1810 e 1813.
A ópera explica unha historia, con final feliz, de amores e equívocos. Unha característica tempestade rossiniana que introduce ao espectador nunha pousada no camiño de Nápoles, na que se refuxiaron Don Parmenión, un aventureiro xactancioso e atrevido, o seu criado Martino e o Conde Alberto, nobre refinado e sensible. Parmenión busca á filla dun amigo que fuxiu co seu amante e Alberto atopará a Berenice, a muller que seu pai, no leito de morte, destinoulle como esposa e que aínda non coñece.
Esta obra represéntase moi pouco na actualidade, figurando nas estatísticas de Operabase con só 6 representacións no período 2005-2010, sendo a décimo cuarta de Rossini.[1]
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 24 de novembro de 1812 (Director: ) |
---|---|---|
Don Parmenione | barítono | Luigi Pacini |
Martino (o seu servinte) | baixo | Filippo Spada |
Conde Alberto | tenor | Tommaso Berti |
Don Eusebio | tenor | Gaetano Dal Monte |
Berenice (súa sobriña) | soprano | Giacinta Canonici |
Ernestina (súa amiga) | soprano | Carolina Nagher |
A partitura de Rossini prevé a utilización de:
Para os recitativos:
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |