LCD Soundsystem | |
---|---|
Orixe | Nova York, |
Período | 2001 - 2011 2015 - presente |
Xénero(s) | dance punk, indie rock, electrónica |
Selo(s) discográfico(s) | DFA Records, Capitol/EMI Records, Virgin/EMI Records |
Membros | James Murphy Nancy Whang Tyler Pope Pat Mahoney Gavin Russom Al Doyle David Scott Stone |
Artistas relacionados | Arcade Fire, Franz Ferdinand |
Na rede | |
lcdsoundsystem.com | |
LCD Soundsystem é unha banda estadounidense de dance-punk formada en Nova York no ano 2001. Estivo liderada polo compositor, cantante e produtor estadounidense James Murphy, cofundador do selo discográfico DFA Records. O grupo publicou tres álbums aclamados pola crítica, LCD Soundsystem, Sound of Silver e This Is Happening, entrando os dous últimos no top 10 das listas da Billboard.
O 5 de febreiro do 2011 publicouse unha declaración na páxina web da banda que anunciaba a discolución tras un concerto de despedida, que tería lugar o día 2 de abril no Madison Square Garden. A derradeira actuación de LCD Soundsystem quedou documentada no vídeo Shut Up and Play the Hits.
Tras unha serie de rumores insinuando unha posible reunión da banda, LCD Soundsystem publicou o sinxelo "Christmas Will Break Your Heart" en decembro de 2015, sendo o seu primeiro sinxelo dende "Throw", lanzado en 2010. LCD Soundsystem posteriormente confirmou o seu regreso e anunciou unha longa xira, incluíndo aparicións nos festivais de Coachella, Lollapalooza, Outside Lands e Glastonbury. A banda tamén confirmou a gravación dun novo álbum de estudio que será publicado ao longo do ano 2016.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
LCD Soundsystem | 2005 | DFA Records |
Sound of Silver | 2007 | DFA/Capitol |
This Is Happening | 2010 | DFA/Virgin |
American Dream | 2017 | DFA/Columbia |