Epónimo | Santuari de la Mare de Déu de la Salut (Barcelona) (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Distritos (pt) | Gràcia | |||
Poboación | ||||
Poboación | 13.455 (2021) (20.925,35 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 64,3 ha | |||
La Salut é un barrio do distrito de Gràcia, en Barcelona. Está situado nas ladeiras meridionais dos outeiros do Carmel e da Rovira.
La Salut é coñecida grazas ao Parc Güell de Antoni Gaudí, que é o límite da fronte de montaña do barrio.
A súa urbanización comezou na segunda metade do século XIX ao redor da igrexa da nosa Señora da Saúde. Nos seus inicios a actividade máis importante da zona era agrícola, achándose importantes masías como Can Xipreret, Can Tusquets, Can Muntaner e Ca l'Alegre de Dalt, pero progresivamente foron converténdose en zona residencial de veraneo da burguesía barcelonesa e da antiga vila de Gràcia.
As comunicacións do barrio foron mellorando co tempo, e así, en 1880, inaugurouse o tranvía da praza de Santa Anna á de Rovira i Trias, e en 1909 o da praza de Lesseps á rúa do Escorial, e logo ata a praza de Joanic. Con iso, unha gran zona que se consideraba do barrio de La Salut quedou englobada no barrio de Gràcia. Un vestixio da situación anterior é que a rúa de Argentona, no barrio de Gràcia, aínda celebra a festa maior de La Salut e non a de Gràcia. Actualmente, a Travessera de Dalt é o eixo que une a parte baixa do barrio. As mazás da fronte mar da Travessera, ata as rúas de Cardener e Camèlies, forman o seu límite.
Un dos monumentos principais do barrio é o Santuario de Sant Josep de la Muntanya, un conxunto de igrexa e convento de estilo neorrománico con elementos modernistas, obra de Miquel Pasqual Tintorer. O 14 de agosto de 1895 púxose a primeira pedra, e foi inaugurado o 20 de abril de 1902.
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |