Le Pavillon d'Armide | |
---|---|
![]() | |
Forma | Ballet clásico |
Libretista | Alexandre Benois |
Baseado en | Omphale de Théophile Gautier |
Estrea | 25 de novembro de 1907 |
Teatro da estrea | Teatro Mariinskii |
Lugar da estrea | San Petersburgo |
Compañía | Ballets Russes |
Música | |
Compositor | Nikolai Tcherepnin |
Coreógrafo | Michel Fokine |
Le Pavillon d'Armide é un ballet nun acto e tres escenas coreografado por Michel Fokine e con música de Nikolai Tcherepnin sobre un libreto de Alexandre Benois inspirado na novela de Théophile Gautier Omphale.[1]
A obra foi presentada por primeira vez o 25 de novembro de 1907 no Teatro Mariinskii de San Petersburgo, con escenografía e vestiario de Alexandre Benois. Os bailaríns principais foron Anna Pavlova no papel de Armida, Vatslav Nizhinskii como o seu escravo, e Pavel Gerdt como Vicomte René de Beaugency.[2]
O 19 de maio de 1909, o ballet foi presentado polos Ballets Russes de Sergei Diagilev no Théâtre du Châtelet de París. O papel de Armida foi bailado por Vera Karalli, o Vicomte de Beaugency por Mikhail Mordkin, e o escravo por Nizhinskii.[2][3] Le Pavillon d'Armide foi o primeiro ballet presentado na capital francesa por Diagilev, e o seu éxito debeuse en parte ao tema francés. A tempada 1909 tamén incluíu obras baseadas no folclore ruso que tamén conseguiu a aprobación do público.[4]
A parte de Armida foi tamén interpretada por Tamara Karsavina en 1912.
Unha versión do ballet foi creada en 2009 por John Neumeier e forma parte dun tríptico de obras que adicou á figura de Nizhinskii[5]
Le Pavillón d'Armide é unha homenaxe ao século XVIII francés. Durante unha treboada, o vizconde de Beaugency refuxiouse nun misterioso castelo. Pasa a noite nunha estancia na que é extrañamente atraído por un tapiz de Armida. Queda durmido e soña que está namorado dela, e cando pola mañá esperta e volve á realidade, descobre que sostén unha folla de Armida nas súas mans.
O ballet de Tcherepnin está formado polos seguintes números:[2]
A variación que figura co número 7 non está incluído no Grand pas de Paquita.[2]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Ballet |