Leopoldo García Durán

Modelo:BiografíaLeopoldo García Durán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1882 Editar o valor en Wikidata
As Neves, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de abril de 1966 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, futbolista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosLeopoldo García-Durán Parages Editar o valor en Wikidata
PaiManuel García Golmar Editar o valor en Wikidata
IrmánsManuel García Durán
Alejandro García Durán Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1279528

Leopoldo García-Durán Golmar, nado nas Neves o 15 de novembro de 1882 e finado en Madrid o 16 de abril de 1966,[1] foi un futbolista, avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel García Golmar. Estudou o bacharelato no colexio dos Escolapios de Celanova e fixo a carreira de Dereito na Universidade Central de Madrid. Durante a súa xuventude foi futbolista, e formou parte das primeiras aliñacións do Real Madrid, club co que gañou a Copa do Rei en 1905.[2]

Traballou no bufete do Conde de Bugallal e foi nomeado fiscal da Audiencia de Madrid. Formou parte do Consello de Administración de Ferrocarriles Estratégicos y Secundarios de Alacant. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito de Alacant nas eleccións de 1914 "encasillado" por José Sánchez Guerra, Ministro da Gobernación. Posteriormente foi deputado polo distrito do Carballiño nas eleccións de 1916, 1918, 1920 (esta disputada e protestada por José Calvo Sotelo)[3] e 1923. En 1916 o órgano conservador (bugallalista) Ecos del Arenteiro do Carballiño dedicoulle un número especial de homenaxe:

Ecos del Arenteiro, 12/11/1916.
Los distritos, al igual que las agrupaciones, las familias y sociedades, necesitan para su gobierno de un jefe que los dirija y los represente, que los defienda y los proteja, y ese jefe, ha de ser tanto más bueno, tanto más activo, tanto más celoso, cuánto sus socios, sus hijos o agrupados, lo merezcan y lo sean también.[4]

O 4 de abril de 1922 foi nomeado Director Xeral de Prisións, posto que permaneceu ata o 11 de decembro dese ano. Tamén Foi Inspector General del Timbre. Durante a República foi presidente da Federación Nacional de Fútbol (1931–1936)[5] pero dimitiu co triunfo da Fronte Popular.[1] Foi director do Patronato de Apuestas Mútuas Deportivas Benéficas na primeira etapa.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en xaneiro de 1910 con María Parages Diego-Madrazo, irmá do seu compañeiro no Real Madrid, Pedro Parages.[7] Foi pai de Leopoldo, Pedro, Manuel, María del Carmen, Pilar e Ana María García-Durán Parages.

Palmarés como futbolista

[editar | editar a fonte]

Co Real Madrid: Copa do Rei do ano 1905.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "ABC MADRID 19-04-1966 página 86 - Archivo ABC". abc. 2019-08-09. Consultado o 2023-08-29. 
  2. Lara, Miguel Ángel (10 de xaneiro de 2022). "La Guerra Civil se llevó por delante el nacimiento de la Supercopa". Marca (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  3. Acta de Carballino. [S.l.]: [s.n.] [s.a.] 
  4. Ecos del Arenteiro, 12 de novembro de 1916.
  5. "Presidentes Real Federación Española de Fútbol :: La Futbolteca. Enciclopedia del Fútbol Español" (en castelán). Consultado o 2023-08-29. 
  6. 6,0 6,1 "ABC MADRID 19-04-1966 página 121 - Archivo ABC". abc. 2019-08-09. Consultado o 2023-08-29. 
  7. La Correspondencia de España, 21-11-1909, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]