Os XX (en francés, Les XX) foi un grupo de vinte pintores belgas, debuxantes e escultores, que se formou en 1883 polo avogado, editor e empresario de Bruxelas Octave Maus.
Durante dez anos, estes vingtistes, como se chamaban a si mesmos, celebraron unha exposición anual da súa arte; cada ano invitábase tamén a outros vinte artistas internacionais a participar na exposición. Entre os artistas invitados ao longo dos anos estiveron: Camille Pissarro (1887, 1889, 1891), Claude Monet (1886, 1889), Georges Seurat (1887, 1889, 1891, 1892), Paul Gauguin (1889, 1891), Paul Cézanne (1890), e Vincent van Gogh (1890, 1891).
Os XX foi, en certa medida, un sucesor do grupo L'Essor. O rexeitamento da obra de Ensor O comedor de recoiro en 1883 polo Salón L'Essor, logo doutro rexeitamento anterior polo Salón de Anveres, foi un dos acontecementos que levou á formación dos XX. A sociedade de exposición belga fundouse o 28 de outubro de 1883 en Bruxelas.
Logo da exposición de 1892, a sociedade dos XX transformouse en «La Libre Esthétique», que desapareceu coa primeira guerra mundial.
Franceses
Villiers de l'Isle-Adam, Paul Verlaine, Stéphane Mallarmé
César Franck, Vincent d'Indy, Gabriel Fauré, Ernest Chausson, Eugene Ysaye (violinista)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Les XX |