Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1930 San Petersburgo, Estados Unidos de América |
Morte | 7 de febreiro de 1988 (57 anos) Montclair, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | cancro de labio e cavidade oral |
Educación | Universidade Columbia |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, novelista, escritor de ciencia ficción |
Xénero artístico | Fantasía |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Noël Vreeland Carter (1963–1975), divorcio Judith Ellen Hershkovitz (1959–1960), divorcio |
Linwood Vrooman Carter, nado o 9 de xuño de 1930 e finado o 7 de febreiro de 1988, foi un autor estadounidense de ciencia ficción e fantasía, así como un editor, poeta e crítico. Normalmente escribiu baixo o nome Lin Carter, mais tamén baixo os alcumes H. P. Lowcraft (como unha parodia de H. P. Lovecraft) e Grail Undwin. É coñecido polo seu traballo na década de 1970 como editor da serie de fantasía adulta Ballantine, o cal introduciu a moitos lectores nos clásicos do xénero de fantasía.
Carter é bastante coñecido polas historias de Conan o bárbaro de Robert E. Howard[1] e pola súa propia creación, Thongor of Lemuria.[2]