LAM - Linhas Aéreas de Moçambique | ||
---|---|---|
IATA TM | OACI LAM | Indicativo MOZAMBIQUE |
Fundación | 26 de agosto de 1936 (como DETA - Direcção de Exploração de Transportes Aéreos) | |
Inicio das operacións | 22 de decembro de 1937 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Maputo | |
Plan de voo frecuente | Flamingo Club | |
Subsidiarias | Moçambique Expresso | |
Frota | 4 | |
Destinos | 15 | |
Holding | Goberno de Mozambique | |
Páxina web: http://www.lam.co.mz |
LAM - Linhas Aéreas de Moçambique é a aeroliña nacional de Mozambique.[1] A compañía foi creada polo goberno colonial portugués de Mozambique en agosto de 1936 como unha compañía chárter chamada DETA - Direcção de Exploração de Transportes Aéreos. Cambiou o seu nome en 1980 tras unha reorganización da aeroliña.[2]
Linhas Aéreas de Moçambique está baseada en Maputo,[2] e ten o seu centro de conexións no aeroporto de Maputo.[3] A compañía opera voos regulares no sur de África. A aeroliña é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional e da Asociación de Aeroliñas Africanas dende 1976.[4][5]
En xaneiro de 2018 a frota de LAM - Linhas Aéreas de Moçambique estaba formada polos seguintes avións:[6]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Boeing 737-500 | 1 | — | 12 | 99 | 111 | |
Boeing 737-700 | 1 | 3[1] | 12 | 120 | 132[7] | |
Embraer 190AR | 2 | — | 9 | 85 | 94[8] | |
Total | 4 | 3 |