Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Lucas Daniel de la Torre 23 de maio de 1998 (26 anos) San Diego, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 175 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 36 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lucas Daniel de la Torre (nado en San Diego, California, Estados Unidos o 23 de maio de 1998) é un futbolista estadounidense que xoga como mediocampista no Real Club Celta de Vigo, equipo galego da Primeira División de España. A súa fichaxe produciuse en xullo de 2022, procedente do Heracles Almelo da Eredivisie, a primeira división da liga de fútbol Países Baixos.
O seu primeiro contacto co fútbol produciuse nos Nomad Soccer CLub e no San Diego Surf, ambos en California. Con 15 anos, en 2013, mudouse a Reino Unido para xogar nas categorías inferiores do Fulham. O seu debut co equipo inglés foi o 9 de agosto de 2016 na primeira rolda da Copa da Liga contra o Leyton Orient. O seu primeiro partido na Premier League foi nun encontro contra o Bolton Wanderers o 28 de outubro de 2017, coma substituto de Tomáš Kalas. O partido rematou en empate 1-1 na casa.
O seu primeiro gol co Fulham foi na eliminatoria da Copa da Liga contra o Millwall o 25 de setembro de 2018.
O 6 de agosto de 2020 firmou un contrato de dous anos co Heracles Almelo da Eredivisie. No seu debut deu unha asistencia, 13 de setembro de 2020 nunha vitoria por 2-0 sobre ADO Den Haag. Ademais formou parte do Equipo do mes da Eredivisie de marzo de 2021[1].
O 7 de xullo de 2022, Luca de la Torre converteuse na terceira fichaxe estival do Celta de Vigo[2], cun prezo de traspaso duns 2 millóns de euros[3].
Luca de la Torre é internacional absoluto coa Selección de fútbol dos Estados Unidos. O seu debut foi o 2 de xuño de 2018, cando entrou como suplente nun amigábel fronte a Irlanda.
En categorías inferiores, de la Torre formou parte da selección sub-17 de Estados Unidos para o Campionato Sub-17 da Concacaf de 2015 e na Copa Mundial de Fútbol Sub-17 de 2015.
En 2017 conquistou o título do campionato Sub-20 da Concacaf.