Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1894 Praga, República Checa |
Morte | 17 de maio de 1989 (95 anos) Zürich, Suíza |
Educación | Universidade Carolina de Praga Academy of Fine Arts Leipzig (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía, architectural photography (en) , fotografia documental (pt) , edição (pt) , bibliotecoloxía e patrimonio cultural |
Lugar de traballo | Weimar Berlín Londres |
Ocupación | fotógrafa, editora colaboradora, profesional da información, artista, mestra, xornalista de opinión, escritora |
Movemento | Bauhaus |
Participou en | |
18 de maio de 1929 | Film und Foto (en) |
Familia | |
Cónxuxe | László Moholy-Nagy (1921–1929) |
Descrito pola fonte | Lexikon deutschsprachiger Epik und Dramatik von Autorinnen 1730–1900 (en) , (sec:Lucia Moholy) A World History of Women Photographers (2020 edition) (en) |
Lucia Moholy, nada como Lucia Schulz en Praga o 18 de xaneiro de 1894 e finada en Zürich o 17 de maio de 1989, foi unha fotógrafa e editora checa nada como Schulz, importante figura da vangarda alemá de entreguerras. As súas fotos documentaron a arquitectura e os produtos da Bauhaus, e presentaron as súas ideas ao público trala segunda guerra mundial. Porén, Moholy rara vez foi acreditada pola súa obra, moitas veces atribuída ao seu marido László Moholy-Nagy ou a Walter Gropius.[1][2]
Lucía Schulz estudou historia da arte e filosofía na súa Universidade de Praga.[3][4] En 1919 publicou obras literarias radicais e expresionistas co pseudónimo "Ulrich Steffen".[4][5] Coñeceu o artista húngaro László Moholy-Nagy en Berlín en 1920 e casou con el o día do seu 27 aniversario en xaneiro de 1921. Os tres pasaron cinco anos na escola da Bauhaus, onde Lucia Moholy explorou a súa afección á fotografía.[4][5]
Coincidindo coa época da Bauhaus[6] en Dessau, en que o seu marido foi un importante profesor e teórico dende 1923, realizou un rico labor de documentación fotográfica de todos os aspectos da vida diaria na Bauhaus, dende o máis doméstico ata os traballos e deseños realizados nas súas fábricas de Weimar e Dessau.[7][8] Tamén retratou moitas das súas figuras máis importantes, dende o propio Moholy-Nagy, ata deseñadoras e fotógrafas como Marianne Brandt ou doutros recoñecidos artistas internacionais da altura de Paul Klee, Kandinsky, Georg Muche ou Anni Albers. O seu propio marido sempre recoñeceu o seu importantísimo papel nese ámbito, mesmo cando xa estaba divorciados.
Debido á súa orixe xudía (ela declarábase atea) tivo que fuxir de Alemaña coa chegada do nazismo e acabou traballando no Reino Unido e nos Estados Unidos. Ademais de desenvolver o seu labor no mundo editorial tamén o fixo colaborando coa ONU.
Moholy mudouse en 1959 a Zollikon, Suíza, onde escribiu sobre a súa época na Bauhaus, e centrouse na crítica de arte.[5]